O cruceiro escoltado de Corme


Tras varios accidentes que o botaron abaixo, o Concello de Ponteceso vén protexer o cruceiro da Praza do Pan de Corme. 4 bancos de pedra xa están escoltando o cruceiro.
Un cruceiro que levaba dende novembro en proceso de rehabilitación da man do prestixioso escultor local Ricardo Antelo, e que volve lucir agora na praza.
E mentres os vecilños se acostuman á nova estampa da Praza do Pan, dende o Concello valoran que onde “hoxe hai pedras antes había coches”.

Curso de Informática para maiores en Langueirón
Mentres, o Concello propón un curso de achegamento ás novas tecnoloxías para maiores no Local de Langueirón, xunto á Igrexa, para os mércores e venres de 11:00h a 12:30h, do 14 de maio ao 4 de xullo.
O prezo é de 20,40€ para empadroados en Ponteceso e 40,80€ para os que non o estean e hai que formalizar a inscrición antes do 12 de maio no 981 740 000.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Ponteceso.