O GALP continúa as súas Xornadas de Atención ás Confrarías por Malpica, Laxe e Caión


Estiveron a semana pasada nas confrarías de Camelle, Cabana e Muxía. Esta semana o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte continúa coas Xornadas de Atención nas Confrarías e Agrupacións de Mariscadores, neste caso de Malpica, Laxe e Caión.
Nestas xornada o Equipo Técnico do GALP Costa da Morte atenderá particularmente a todas as persoas que estean interesadas en informarse das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, dirixidas principalmente a xente do mar, emprendedores, hostaleiros, sectores auxiliares da pesca e actividades vinculadas ao Mar e Litoral.
As Xornada de Atención que se levarán a cabo esta semana son:
- Mércores 26, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Malpica, en Malpica de Bergantiños.
- Xoves 27, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Laxe, en Laxe.
- Venres 28, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Caión, en Caión – A Laracha.

O GALP Costa da Morte
O territorio do Galp Costa da Morte, comprende os Concellos de A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.
https://www.facebook.com/galp.costadamorte/videos/1742094825808084/Novas relacionadas
- O GALP comeza unha Xornadas de Atención nas confrarías a pescadores e mariscadores.
- Un proxecto do Galp Costa da Morte potenciará o turismo industrial.
Fonte
- GALP.