O lobo galego chega ao Parlamento Europeo


Pechamos o ano falando de lobos, esa especie tan simbólica e problemática dos nosos montes. E falamos coa satisfacción de termos unido a través da rede a varios dos mellores amantes deste cánido. Temos recollido en QPC os vídeos naturais de Francisco Santiago López (Signatus Films) e de Chisco Lema. E precisamente esas publicacións serviron de apoio para unha petición importante.
Foi a xente do Petón do Lobo a que, dende o norte da bisbarra, coñeceron estes tesouros audiovisuais a través de QPC. E con eles prepararon unha petición ante o Parlamento Europeo para conseguir a protección dos lobos do norte do río Douro, e en concreto o lobo galego.
O propio Ismael López, recoñece que "a tramitación é lenta e longa. En Galicia e no norte do río Douro o lobo é unha especie cinexética, e non protexida, o que constitúe un gran inconvinte para a súa conservación, a pesar de ser unha especie de interés comunitario".
Plan de Xestión do lobo?
Non quedaron aí as peticións, e o Petón, que agradece a colaboración de Francisco Santiago López, tamén requeriu datos sobre o grao de cumprimento do Plan Galego de Xestión do lobo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. En todo caso, "a día de hoxe aínda non se recibiu resposta. Estamos pendentes da resposta que esta Consellería lle proporcione agora á Valedora do Pobo", indica Ismael, estranados pola tardanza en responder. "Non entendemos o motivo polo que a Consellería retrasa os informes solicitados ou non amosa na páxina web institucional datos sobre o citado plan. O que si é evidente é a falla de transparencia nos datos relacionados co Plan galego de xestión do lobo. Non se trata só de promover axudas para as persoas que sofren os danos derivados dos lobos, senon tamén de protexer ao animal dentro do seu hábitat, controlando as cacerías ilegais, a venda do mesmo como trofeo na internet ou mesmo planficando a caza das súas presas para que non teña que achegarse ás casas en busca de alimento", sinala dende o Petón do Lobo.
Novas relacionadas
- O lobo, o último gran carnívoro supervivente na Costa da Morte.
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Máis vídeos naturais
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
- Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- De viaxe polos humidais costeiros con Francisco Santiago López.
- O Félix Rodríguez de la Fuente costeiro retrata a paisaxe do sistema do Xallas.
- Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte.
- A ollada de Francisco Santiago López á fauna salvaxe da Costa da Morte: O xabarín.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).