O Memorial Pepe Valiña abríu o Nadal da FABA

06:28 19/12/16

Máis actividades
Non queda aí a cousa. O vindeiro venres 23 de decembro toca moólogo con Sergio Pazos e o seu “Rebento se non o conto”. Ás 21:30h no Auditorio de Baio. Outra cita cos monólogos será o venres 30, co “Humor salvaxe” de Pepo Suevos. Os días 27, 28 e 29 decembro, de 16:00 a 18:00, haberá Obradoiros de xogos de Nadal no Centro Sociocultural. Inscrición obrigatoria no 981 718 056. Non fallará a VIII San Silvestre Baiesa, arrincando o mesmo 31 ás 17:00h polo Paseo Fluvial. Unha carreira organizada por Su A Agra cos Amigos do Liño de Baio. Xa o 3 de xaneiro, ás 18:30h no Auditorio de Baio, Teatro Infantil con Nelsón Quinteiro e as súas “Papiroflexias: o asteroide de papel”. O 4 de xaneiro, xornada especial, coa presentación do CD do Grupo de Gaitas “VintenBaio”, dos IES Maximino Romero de Lema, seguido dunha foliada. Tamén haberá a tradicional cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro, con festa final no pavillón. O 7 de xaneiro, a compañía local Badius Teatro representará ás 22:00h no Auditorio de Baio a súa obra “Frankenstein”. E como peche, que mellor que ir patinar sobre xeo no Nadal da Coruña, con saída ás 10:00h.Novas relacionadas
- Música, teatro, contacontos, monólogos, obradoiros… para o Nadal de Zas.
- Vimianzo e Zas reparten cartas dos Reis Magos en galego.
Fonte
- FABA.