xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Mes da Fundación trae a música rusa a Cee

O Mes da Fundación trae a música rusa a Cee
O concerto didactivo tivo lugar na casa da Cultura de Cee O duo Aranjuez e Irina Kazimirskaia ofreceron un concerto na casa da Cultura de Cee Onte arrancou o programa de actividades para os centros escolares de Cee que contempla o Mes da Fundación - organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee -. Diso encargouse o dúo Aranjuez e Irina Kazimirskaia - procedentes de Rusia - que compartiron as súas músicas cun ateigado auditorio da casa da Cultura de Cee, que encheron alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de primaria dos colexios Eugenio López, Manuela Rial e Praia de Quenxe, así como usuarios e usuarias da asociación ASPADEX. Este concerto didáctico deste dúo de virtuosos da guitarra puxo en escena varios estilos musicais de América Latina, España ou Rusia, así como temas actuais ou bandas sonoras de películas. A actuación encádrase dentro do encontro Internacional de Música de Pulso e Púa, organizado pola asO conociación cultural Pórtico das Artes da Coruña, e, á través do concello de Cee, cédese anualmente á Fundación Fernando Blanco para que forme parte do seu programa de actividades escolares. Actividades para hoxe A programación para o público xeral continúa hoxe cunha conferencia sobre “Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte” que ofrecerá Mar Llinares García – doutora en Xeografía e Historia pola USC –. A cita será ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee e a entrada é de balde.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios