venres. 09.05.2025
El tiempo

O mes de novembro chega con música, micoloxía e teatro a Fisterra

O mes de novembro chega con música, micoloxía e teatro a Fisterra
novembro cultural fisterra O concello de Fisterra acaba de dar a coñecer as actividades que ten programadas para o vindeiro mes de novembro. A primeira delas será o día 6 coa actuación da coral e do grupo de danza galega do Casino. O evento será ás 20 horas no salón de actos do concello. A seguinte fin de semana (12 e 13 de novembro) terá lugar as xornadas micolóxicas na Fin da Terra. As xornadas arrancan o sábado ás 10 horas cunha saída ao monte para a recollida de cogomelos. Xa do domingo, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas, expoñeranse os exemplares recollidos e ás 19 horas haberá unha degustación no mercado municipal da vila. As actividades contininúan o domingo día 20 de novembro co espectáculo "Falar sen Cancelas" de Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. A cita é ás 19 horas no salón de actos do concello e está dirixida ao público adulto. Teatro taller inicacion teatro fisterra Por outra parte, o concello oferta un taller de iniciación ao teatro, que se desenvolverá os luns pola tarde, para todos aqueles mariores de 18 anos sen experiencia en teatro que queiran divertirse coñecendo os mecanismos básicos do xogo teatral e explorar as propias capacidades expresivas. Os interesados poden informarse e inscribirse na concellería de cultura do concello de Fiesterra - de 9:30 a 15 horas - ou no número de teléfono 981 74 00 01, extensión 6. O prazo para anotarse comeza hoxe e remata o 10 de novembro. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Fisterra
 

Comentarios