luns. 16.02.2026
El tiempo

Rebenta unha das galerías da antiga mina de Monte Neme provocando un verquido de lodos e o corte dunha estrada

Traballos na estrada de Leiloio AVINO Rotura da mina de Monte Neme
Imaxe dos traballos na estrada entre Leiloio e Aviño trala rotura da balsa da antiga mina de Monte Neme
Rebenta unha das galerías da antiga mina de Monte Neme provocando un verquido de lodos e o corte dunha estrada

O rebentón dunha galería da antiga mina de Monte Neme, que estaba taponada, está a provocar unha pequena desfeita nos montes malpicáns. Se ben non houbo danos persoais nin de vivendas afectadas, o arrastre de grandes cantidades de auga, pedras e lodos terminou colapsando a estrada entre Leiloio e Aviño, que permanece cortada (están nestes momentos as máquinas traballando para abrila).

Segundo fontes municipais, nin principio non parece haber perigo de contaminación por metais pesados, pero os restos de escombro e pedras arrasaron con parte do monte do termo municipal de Malpica, provocaron o peche da estrada e mesmo chegaron a verterse no mar na zona de Riás, sen observarse mortandade. 

Desfeita no Monte Neme

Ata o lugar achegouse este mediodía o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde. “Están os servizos de emerxencias da Xunta, que é quen ten as compertencias na materia, traballando para minimizar o efecto da ruptura da presa debida ás altas precipitacións desta temporada. 
Inicialmente, parece que non existe afectación aos ecosistemas, fundamentalmente mariños. Todos os servizos de prevención autonómicos e estatais están coordinados e atentos para monitorizar a evolución deste verquido e contrarrestar os posibles danos causados ao  ecosistema”, declarou o subdelegado.

 Este suceso prodúcese mentres a Xunta traballa no proxecto de rexeneración da explotación mineira, cando se cumpren 12 anos dende un grave verquido.

Julio Abalde con Eduardo Parga no Monte Neme
Julio Abalde co alcalde malpicán Eduardo Parga no lugar

Consecuencias do vertido

Imaxes da galeria da antiga mina do Monte Neme que rebentou
Imaxes da galería da antiga mina de Monte Neme que rebentou

Monte Neme arrasado polo rebenton da galeria

Consecuencias Mina Monte Neme

Consecuencias Monte Neme 2
Consecuencias Monte Neme 2

Monte Neme vertedura arrasando bosques

Monte Neme vertido 2 copia
Vertido das augas da antiga mina do Monte Neme no litoral malpicán

Máis novas

Comentarios