O Modesto Patrimonio: Os muíños da nosa comarca


Pola beira dos regatos e ríos da nosa comarca existen moitos muíños, algúns deles enfermos, outros, en estado agónico e unha grande maioría, mortos. Os seus donos os teñen totalmente abandonados, nalgúns casos descoñecidos, están clamando entre silvas, un pouco de piedade e compasión. Un patrimonio da nosa terra que xogou un papel importante nas economías familiares e na cultura popular galega. Pola súa funcionalidade económica e folclore tradicional a súa situación xeográfica, a veces en paraxes afastados e inacesibles sobre penedos e servidos a través de tortuosos camiños, proporcionaban os veciños un benestar material e social. Si nos referimos o concello de Dumbría, un estudio de varios anos de campo e rematado no 2013 (obra pendente da súa publicación por falta de medios económicos), podémolo resumir así: Muíños inventariados no concello: 236 dos que 43 habían desaparecido, 152 en estado ruínoso, 32 en estado regular, recuperables, e solo 9 estaban en activo.
Hoxe imos falar dun muíño moderno, quizá o máis bonito do concello, todo el de cantería picada. Trátase do MUÍÑO DE MONTES DE CANELAS (Dumbría).- Situado na marxe esquerda do río do Fragoso. De cubo e cantería moi elaborada con tellado de pedra. Foi construído por Manuel Montes, veciño do lugar de Canelas (Dumbría) sobre o ano 1939. Ten a porta de entrada cara u oeste e sobre o lintel en forma de arco, ten gravado as letras “MMA AÑO 1939” que son as iniciais de Manuel Montes Anido. Ten un acabado moi elaborado e segundo testemuñas foi feito polo canteiro “O Beiro de Hospital”. A presa de abastecemento deste muíño tivo problemas veciñais porque anegaba terreos augas arriba.
O seu estado de conservación é bo, estaba activo.
Localízase nas coordenadas UTM, 29ED50: X = 490381; Y = 4761550.

- Modesto García Quintáns.
O Modesto Patrimonio
- O Modesto Patrimonio: Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O Modesto Patrimonio: O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).