O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo

21:26 14/03/16

Máis nominacións “costeiras”
Teremos parte tamén na nominación do filme Lobos Sucios á Mellor Longametraxe, pois boa parte foi filmada nas minas de Barilongo de Santa Comba, e na que Ricardo de Barreiro e Marian Álvarez pelexarán polos premios á Mellor Interpretación Masculina e Feminina. [fbvideo link="https://www.facebook.com/LobosSucios/videos/1327697173922895/" width="650" height="400" onlyvideo="1"] Un pouco noso tamén podemos considerar o nomeado documental “Torre de Breoghán”, de Luar na Lubre. Tamén teremos sabor salgado entre os candidatos a mellor Programa TV, coa presencia de Náufragos, do que Xosé Henrique Rivadulla Corcón é guionista. O hercu-muxián volverá o ano que vén coa nova aventura ”Ribeiras de Salitre”, que xa fixo parada en Laxe, para coñecer ao "Panchito", e que tamén pararán en Fisterra co "Bonito", "Laberco", "Begoña" e o naufraxio de Agustín Traba na lancha "María"; por Malpica arredor do "Nuevo Luz", e por Muros con "Cizurquil". Os gañadores daranse a coñecer na gala que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o próximo 23 de abril. Mágoa que alí non veremos a todos os costeiros que presentaron as súas obras. Non imos ver ver ao esteirán Víctor Fábregas, ao carnotán Miguel de Lira, ao ceense Artur Trillo, á corcubionesa Marta Doviro, o hercu-muxián Xosé H. Rivadulla Corcubión, ao cormelán Víctor Mosqueira e ao malpicán Santi Romay de Casa Manola, na que tamén vai Isabel Blanco pola Interpretación Feminina Protagonista.Os favoritos
O filme “O Descoñecido” ten 15 nominacións, por 14 de Lobos Sucios, e os 11 de Hospital Real.Novas relacionadas
- Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Máis novas audiovisuaus
- As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.
- Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real.
- Dous costeiros no Hospital televisivo de Urxencia Cero.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).