O novo Centro de Saúde de Buño estará operativo en breve


Finalmente non se puido poñer en funcionamento en 2015, pero parece que o novo Centro de Saúde de Buño poderá entrar en servizo xa nos primeiros meses deste ano. Así o anuncia o Concello de Malpica, que arrincaba hoxe cas obras de urbanización da parcela, previas ás do equipamento, que corresponde á Xunta de Galicia, e que serán o último paso para a apertura.
Polo de pronto, as obras e urbanización inclúe a construción de beirarrúas, zona de aparcamento, accesos e áreas axardinadas. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones López Cao SL por 60.318,50 euros,
O Concello de Malpica complementa deste xeito o investimento realizado pola Consellería de Sanidade na construción do novo e moderno centro de saúde, que permitirá atender a unha poboación de 1.800 persoas. O edificio -cofinanciado nun 50% por fondos do Estado, dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable- supuxo un desembolso de 624.810 euros, e a superficie que se construíu é de 524 metros cadrados. Conta cunha área médica con tres consultas de medicina xeral e unha consulta de enfermería; e unha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns, necesarios para o correcto funcionamento do centro.
Unha vez completadas as obras de urbanización e o equipamento, que corresponde á Xunta de Galicia, o centro de saúde de Buño poderá entrar en servizo xa nos primeiros meses deste ano.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2015: O Centro de SAúde de Buño estará operativo en 2015.
Fonte
- Concello de Malpica.