![Maria Pose, numero 1 do PP de Santa Comba, nunha foto de arquivo. Imaxe Populares Santa Comba]()
Maria Pose, numero 1 do PP de Santa Comba, nunha foto de arquivo. Imaxe Populares Santa Comba
Haberá que esperar, como máximo, dez días hábiles para que se celebre o pleno no que se verá se prospera ou non a moción de investidura presentada hoxe polos
cinco concelleiros do PP xunto cos tres de TEGA contra o alcalde socialista de Santa Comba,
José Antonio Ucha Velo.
Segundo un comunicado emitido polo grupo popular, na moción de censura
proponse como candidata á alcaldía a María Pose, do PP. Esta mesma situación xa dera na anterior lexislatura - ano 2008 - na que Pose acadou a alcaldía polo mesmo procedemento cunha moción levada a cabo por sete edís do PP e dous independentes.
Ucha Velo goberna en minoría con cinco concelleiros - os mesmos que ten o PP - dende finais de novembro do 2015 momento no que
os socialistas anularon o pacto de goberno que mantiñan dende o comezo da lexislatura con TEGA. Pleno tras pleno demostraron o mal entendemento que había entre todos os grupos municipais.
No comunicado, os do PP acusan a Ucha de "estar anclado na soberbia e nun autoritarismo desquiciado" así como de "malgastar os cartos de todos os cidadáns en eventos e gastos de nulo impacto para o pobo e dubidoso beneficio" mentras "atende a cuestións de escasa importancia" e "abandona as infraestructuras". "Comportase como se contase cunha maioría absoluta que non lle outorgaron as urnas", arremeten os populares. "A situación chegou a un punto insostible e, agora, resulta preciso dar este paso para conseguir que o concello de Santa Comba prospere, para que os nosos veciños e veciñas vexan atendidas as súas necesidades e para que deixen de malgastarse os impostos de todos os xalleiros", indican os do PP nun comunicado oficial.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Santa Comba