mércores. 30.04.2025
El tiempo

O temporal de vento deixa paso ao do mar

O temporal de vento deixa paso ao do mar
Unha arbore caida en Vilaseco-Vimianzo Unha arbore caída en Vilaseco-Vimianzo

Non acabou de pasar unha e xa temos que prepararnos para outra. Parece que este mes de febreiro vén cargado da choiva que non caeu ata decembro. O pasado sábado sufrimos un serio temporal na Costa da Morte, con ventos de ata 100 km/hora que deixaron unha marea de incidentes nas estradas. Pero é que unha profunda borrasca situada nas Illas Británicas provocará este luns un temporal de mar con ondas de máis de 8 metros.

Marea de vento

O CAE 112 Galicia rexistrou entre as 11 e as 18 horas do sábado 6 de febreiro un total de 175 intervencións a causa do vento na costa e en terra.

Os bombeiros de Cee tiveron traballo abondo. Ás 13:30h tiveron que retirar unha árbore que ocupaba un carril da estrada AC-552 en dirección Fisterra, no lugar de Vilaseco, en Vimianzo, onde o Matadoiro Comarca de Soneira.

Pouco despois trasládaronse a Olveiroa, Dumbría, onde retiraron e aseguraron un cable da liña de alumeado público que se atopaba partido e tirado na estrada DP-3404./p>

Outra árbore ortaba totalmente unha estrada no Ézaro, tamén en Dumbría, e estaba por riba de liñas de telefono e luz de alumeado publico, polo que tiveron que retirala xa ás 16:00h. E precosamente uns de teléfono caeran tamén noutra zona do Ézaro.

Alerta Vermella por costeiros

Avisados estamos dun novo fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel VERMELLO, entre as primeiras horas da tarde do luns 8 ata as 00:00 horas do día 9 de febreiro de 2016, que afectará directamente á nosa zona. Amarren ben os barcos, pois espéranse ondas de máis de 8 metros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios