Sábado. 04.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
20:55
29/09/10

A igualdade por bandeira

A igualdade por bandeira
Tan só van dúas xornadas de liga e aínda non hai tendencias claras en canto a clasificación. Tan só dous equipos conseguiron gañar os dous encontros, isto pode ser un indicativo da igualdade que poderemos ver na Terceira este ano. Tamén é certo que nas primeiras xornadas a competitividade dos equipos é maior, pois aínda as forzas están atope e a ilusión tamén, teremos que esperar un mesiño máis para facer esta análise. O que si semella que non cambian é que a loita polo pichichi vai a estar entre os mesmos. O adestrador-xogador do Nantón xa presentou a súa candidatura, cinco goles en dous partidos é aval suficiente, o ano pasado quedouse as portas con 29 goles e este ano volve a carga, non cabe dúbida que as opcións de ascenso do seu equipo van pasar polas súas botas. Tralo traspés da primeira xornada Mazaricos e Corcubión, dous dos máximo favoritos, conseguiron retomar o rumbo con sendas vitorias. A do Mazaricos moi traballado ante o novo na competición o Independiente que semella que vai a poñer en apuros a máis de uns, e van ser un exemplo de que a liga de peñas son moi competitivas. Un ano máis o campo de Portorrubio vai a ser un fortín para o Alcaián, xa o comprobou o Outes esta semana, e o Das Bouzas tampouco vai ser doado si o Corcoesto consegue engancharse nas primeiras xornadas a liga, o Cabana sacou un empate e grazas. Para aqueles seguidores que non cren moito nesta categoría e lles parece pouco atractiva, este ano penso que se poderán atopar partidos interesantes e salgo as goleadas típicas ao longo dunha tempada, de seguro que nos atoparemos cunha primeira volta moi interesante para seguir e con moita igualdade en todos os encontros. Dende aquí quero dar ánimos aos equipos que aínda non puntuaron e que ademais son dous dos recen chegados, animo e a seguir loitando, isto e unha carreira de fondo non un sprint. ANIMO A TODOS para que non decaiga o nivel.

Crónicas de Alberto Pose

Máis información

Comentarios