Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: Cervecería Troula e Talleres Sousa-Rte.Seiruga celebraron os seus títulos

Liga FS Carballo: Cervecería Troula e Talleres Sousa-Rte.Seiruga celebraron os seus títulos
Tasca A Cunca-Carniceria Eusebio-Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro

Finalmente, o Cervecería Troula non fallou e proclamouse campión da primeira división do fútbol sala de Carballo logo de vencer ao Peluquería Este-Oeste (4-2). O segundo clasificado, o Tasca A Cunca-Supermercado C&M goleou ao Carnicería Eusebio (9-2). Mentres tanto, o Asesoría Suárez aproveitou a derrota do Eusebio para acabar na terceira plaza da clasificación logo da súa axustada victoria sobre o S2 Informática (3-2).

Na Liga AD Xiria, na cal o peixe xa estaba todo vendido, o líder empatou a catro goles co Asesoría Cervantes. Mentres que o Bodegón Trincado asegurouse a quinta praza tras superar por 4-2 ao Dolce&Café, e o Construccións Brandón rematou a competición como terceiro logo de golear (5-12) ao Alicatados Señarís, que non acabou a liga sen puntuar.

O Talleres Sousa-Rte.Seiruga proclamouse campión da Liga Cervecería Beos tras vencer (4-2) na última xornada ao segundo clasificado, o Brasería Caracola. A terceira praza é para o Deportes San Remo, que nesta xornada empatou a tres tantos co Dluxe Carballo. Mentres que os dous últimos clasificados, o SAT Xulián e o Cafetería Habanos 79, acadaron sendas derrotas ante o Mesón do Pulpo (0-2) e o Mar de Menta (8-5), respectivamente.

Xa temos Copa

E xa temos a final da copa Hotel Restaurante Punta del Este, que se disputará este xoves entre o Carnicería Eusebio, que eliminou ao Construccións Maracaná nas semifinais tras vencer por 4 a 2, e o Asesoría Suárez, que superou na penúltima ronda ao Cervecería Troula por un axustado 3-2.

Crónica da semana: Cervecería Troula - Peluquería Este-Oeste (4-2)

Cerceveria Troula-Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • Cervecería Troula: Puyol, Puñal, Chucho, Martín Pombo e Hugo. Tamén xogaron: Christian, Martín e Quillo.
Peluqueria Este-Oeste-Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro
  • Peluquería Este-Oeste: Juan, José Ramón, Djalma, Dani e Fariña. Tamén xogaron: Gonzalo, Michael e Antonio.
  • Goles: 0-1, min.5: Djalma; 1-1, min.10: Chucho; 2-1, min.11: Chucho; 3-1, min.12: Christian; 4-1, min.20: Martín; 4-2, min.38: Dani.

O Cervecería Troula non quería deixar escapar o título de liga e saíu a pista coa intención de sentenciar o encontro dende o primeiro minuto.
Comezarían avisando os locais, en dúas ocasións, por medio de Chucho pero na primeira o gardameta do Peluquería Este-Oeste coa axuda do longueiro e na segunda o propio Juan cunha gran intervención evitou que o Troula se púxese por diante no instantáneo. Aos cinco minutos, Djalma poñería por diante ao Este-Oeste, cun lanzamento que entra na portería coa inestimable colaboración de Puyol. Despois do gol, o Troula seguiría creando ocasións, pero ata o minuto 10 non acadaría o empate logo de que Chucho superase a Juan cun disparo cruzado. E un minuto despois, o propio Chucho faría o 2 a 1 logo dun lanzamento á reviravolta. Intentaría respostar o Peluquería Este-Oeste pero Puyol sale vencedor no man a man con Gonzalo e no consiguiente contragolpe Christian faría o terceiro para os locais ao aproveitar un rexeite do porteiro visitante. Antes do tempo de lecer, Martín, chegando dende atrás, faría o 4 a 1 a pase de Quillo.

Á volta do descanso, Chucho puido facer o quinto dende o punto de penalti pero Juan evitaríao, rexeitando o potente lanzamento do xogador do Troula. O porteiro visitante sería de novo protagonista salvando o gol de Martín no man a man. Dous minutos despois, José Ramón tentaría recortar distanzas no marcador cun gran disparo que foi rexeitado polo longueiro e finalmente sería Dani o que cun lanzamento de falta poñería o definitivo 4 a 2. E o propio Dani a falta dun minuto puido facer o terceiro pero o seu disparo á reviravolta foise rozando o pau.

Troula-Peluq Este Oeste-Liga Futbol Sala Carballo-Foto-David Castro

As táboas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios