Venres. 19.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
12:00
28/11/12

Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División

Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División

Borja Facal Lema, nado o 16 de xuño de 1985 en Laxe, é un dos mellores laterais da 3ª División galega. Este rapaz debutou nesta categoría con tan só 17 anos co Bergantiños CF que adestraba o gran José Luis Vara. O laxense formou parte dun dos mellores equipos de infantís do Baio, de xuvenís do equipo carballés. Ademais de xogar varias tempadas na división de bronce do fútbol español cos filiais de Depor e Murcia. Este ano opta a voltar a esa categoría cun dos equipos máis fortes da Terceira como é, a SD Compostela.


  • D.C.: Boas Borja, como e onde comezaches a xogar o fútbol?

Hola, moi boas. Bueno, comecei a xogar na praza do pobo, na praia en Laxe e na escola basicamente, pero foi cando entrei nun ambiente federado, cun obxectivo competitivo claro, cando fichei no Bergantiños cadete.


  • D.C.: Como te definirías como futbolista? Cal é a túa mellor virtude no terreo de xogo? E a túa peor faceta?

Esa é unha pregunta que sempre se soe facer a un deportista pero é bastante difícil concretar algo persoal, gústame máis que me defina a xente.
Son un xogador de equipo, traballador e sacrificado que busca sempre o éxito colectivo.
A miña maior virtude é non darme nunca por vencido, son moi persistente.
A peor virtude non sabería dicir, pero como futbolista hai moitas: o non dominio correcto da perna non hábil, a finalización a gol que só poucos teñen, etc.


  • D.C.: Formaches parte dun dos mellores equipos de xuvenís da historia do Bergantiños. Que nos podes contar daquel equipo no que formaban Sito (Soneira), Pablo Domínguez (As Pontes), Iago Carril e Jorge (Ex-Porteño) entre outros?

Éramos un equipo formado novo, con xente con ganas de disfrutar e gañar, éramos un equipo competitivo baseado na experiencia de uns e o atrevemento e espontaneidade dos mais novos, unha combinación perfecta que dou moi bos logros a base do Bergantiños naquel momento.


  • D.C.: Naquel equipo había un xogador moi talentoso, ese era Diego Rostro. Para min ese rapaz tiña todas as cualidades para triunfar nesto do fútbol, que opinas?

Era un futbolista, como ben dis cunhas cualidades moi boas, rápido, hábil, con bo golpeo, pero como pasa con moitos xogadores non sabería dicirche por que se quedou, sen chegar a cotas máis altas. En xeral, moitas veces hai futbolistas que o aspecto mental e psicolóxico, a cultura deportiva en canto a estilo de vida, saudable ou non, así como outros aspectos tácticos e colectivos do xogo truncan a carreira deportiva de xogadores con aptitudes individuais excelentes.


  • D.C.: Que recordo gardas do teu debut en 3ª División con tan só 17 anos da man de José Luis Vara?

Era moi novo e recordo que daquela o Bergantiños xogábase o descenso a preferente. Formar parte daquel equipo e aprender daqueles futbolistas serviume para coller unha madurez competitiva que non posuía. Un dos partidos, contra o Viveiro recórdoo con certa nostalxia, entrei na segunda metade e tiven unha participación moi boa no partido. Despois seguín os seguintes partidos contando para o míster contra o Guardés, Arteixo, Lalín…


  • D.C.: Cal é o mellor recordo que tes nun terreo de xogo?

O Ascenso a 2ª B co Fabril. E a fase de ascenso a 2ª División A co Fabril en Riazor contra o Écija de Nolito, Pepe Díaz, etc.

Borja Facal no centro abaixo co Depor B
  • D.C.: Tras a túa marcha do Bergantiños, fichaches no filial do Deportivo e máis tarde no filial do Murcia, como te sentiches nesas dúas experiencias?

Dúas etapas moi bonitas na miña carreira, madurei como xogador, competín e disfrutei de ambientes profesionais de fútbol e sen dubida deixo bos amigos e recordos.


  • D.C.: Na túa etapa no Fabril, compartiches vestiario con xogadores como Álex Bergantiños, Carlos Pita, Rubén Rivera, Iván Pérez, Laure e Iván Carril entre outros, que xogador te sorprendeu máis no filial deportivista?

Tiñamos un equipo moi bo e conseguimos cousas históricas para o Depor B , pero sería difícil destacar a un. Podo dicir que me sorprendeu Lassad, que chegou no mercado de inverno en 2ª B, e que tiña unha habilidade goleadora fantástica.


Borja Facal no Racing de Ferrol co camariñán Cabrejo
  • D.C.: Que nos contas da túa etapa no Racing de Ferrol durante dúas tempadas?

A etapa de Ferrol ten claros e sombras, un primeiro ano excepcional con Luisito, onde xogamos play-off e quedámonos ás portas do ascenso, pero no que tras unha entrada sufrida, tiven unha fractura de peroné.

Un segundo ano no que nos custou entrar na competición, remodelación no equipo, resultados adversos e loxicamente un ambiente crítico co equipo. Sufrín molestias físicas en gran parte da campaña da fractura do peroné polo que nin a nivel colectivo e persoal foron ben as cousas.


  • D.C.: Que tal é o trato que che dan no teu actual equipo, a SD Compostela?

Agora na SD estou moi feliz, un gran equipo, un gran club e unha fantástica afección. Agora estamos terceiros e con posibilidade de poñernos segundos o próximo partido. A nivel persoal moi contento, xa que estou participando sempre os 90 minutos así que inmellorable.


  • D.C.: Eu recordo a Fredi, o teu actual míster, como xogador no Alondras, como futbolista era un crack, simplemente elegancia en esencia, como o definirías como adestrador? Que vos pide no campo?

Como adestrador é un míster comprensivo, cercano e sen dúbida que me impresionou a faceta motivadora tanto del como a do seu segundo nos adestramentos e partidos. Logra manter un nivel de activación e intensidade moi alto nos futbolistas.


  • D.C.: Cal é o voso obxectivo esta tempada coa SD Compostela?

Sen dúbida entrar no play-off, e loitar no ascenso.


  • D.C.: Moita sorte para esta tempada. Esperamos verte celebrar o ascenso coa SD. Unha aperta e moitas gracias crack.

Unha aperta, e gracias por interesarse.

Baio de Infantis-Foto-Vilas Baio

Novas relacionadas

Outras entrevistas de David Castro

  • Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
  • Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
  • Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
  • David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
  • Fonte

    Comentarios