Mércores. 24.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
10:02
29/07/14

O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa

O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa
O Seaia ascendeu na sua primeira tempada-Foto-Jorge Parri

O do Sporting Seaia foi chegar e bicar o santo. Na súa primeira tempada como federado acadou o ascenso no Sampaio dos Refoxos tras vencer nos penaltis ao SD Ameixenda nunha final de infarto. Pero non todo foi tan fácil para o equipo malpicán, xa que viu peligrar o ascenso acadado logo da reclamación que fixo o clube ceense pero finalmente a federación desestimouna e o equipo de Seaia partirá na parrilla de saída da Liga da Costa.

En canto a competición ligueira, o conxunto que preside Pablo Caamaño, estivo gran parte das xornadas nos postos altos da clasificación pero tamén sufriu un baixón no que a directiva decidiu prescindir dos servicios de Taibo como adestrador e contratar a Alberto Verdes como relevo e, con el o equipo repuntou ata acadar o ascenso con moito sufrimento e moito traballo.

A pesar de ser un plantel moi xoven, cunha media de idade de 23 anos, o conxunto da parroquia de San Xulián demostrou ter moita madurez durante os momentos máis difíciles do ano e sacar adiante este gran proxecto levado a cabo pola directiva, na cal se esconden un grupo de persoas que sacrifican parte do seu tempo por esta ilusión que é o Sporting Seaia, e eses directivos e directivas son os seguintes: Pablo, Eva, Adrián, Raquel, Ramón, Vistas, Roque e Trileirista. Pero ese gran traballo feito por esta xente tuvo unha gran recompensa que foi ascenso á Liga da Costa acadado nos terreos de xogo por toda a plantilla domingo tras domingo.

O conxunto azulón afronta esta próxima tempada 2014-2015 con moitísima ilusión e con moitas ganas de debutar na famosa e ansiada Liga da Costa. O exxogador do Malpica e Arteixo, entre outros, Tato Correa da Silva será o sustituto de Alberto Verdes, que voltará a defender ao Sporting Seaia sobre o terreo de xogo, e será encargado de dirixilo dende o banquillo. O novo míster contará coas chegadas de Illote e Nando dende o Ponteceso SD, Magovi da SD Coristanco, Adrián dende a SD Camelle e Damián do Sporting Zas para reforzar ao Sporting Seaia e suplir as marchas de Uru, ao SCD Buño, Víctor, que se vai en busca de minutos, e de Pablo, Medros, Joro, Guille e Martuxa, que deixan o conxunto por lesión ou dificultades para poder adestrar.

Dende aquí, queremos desexarlle moita sorte ao Sporting Seaia nesta nova e ilusionante etapa na Liga da Costa.

Novas relacionadas

Comentarios