Mércores. 01.05.2024
El tiempo
Alberto Pose
11:35
24/02/11

Pablo Mouro, un novo colaborador para os Deportes de QPC

Pablo Mouro, un novo colaborador para os Deportes de QPC

Chámome Pablo Mouro (un auténtico descoñecido) e son un apasionado do fútbol da Costa da Morte, na que por sorte ou desgracia xoguei durante uns aniños, onde perdín partidos e tamén gañei. Formeime nas categorías inferiores do Xallas C.F. (clube dos meus amores) cun grandísimo entrenador e aínda máis coma persoa, seguro que o coñecedes; o actual míster do Castriz: D. José Manuel Vazquez Rodríguez. Unha vez pasada a etapa de xuvenís, fun partícipe da última vez que o Xallas C.F. gañou a Copa da Costa (aínda gardo a medalla na casa con moito cariño) daquel equipo con grandes xogadores como foron, Huevis, Moro, Rafa, Chito, Ricard, o recén falecido Antonio Mouro (grande dentro e fora dos campos) e outros moitos. Dende ese ano pasei polo primeiro equipo do Xallas, Santa Comba B e Mazaricos, pero por desgracia fai máis de 3 anos que tiven que deixar de xogar por varias lesións (non importantes).

Despois de presentarme así rápidamente, gustaríame explicar o meu cometido en QPC. Intentarei semanal ou quincenalmente, resolver dúbidas sobre a saúde deportiva no fútbol, como poden ser a preparación física, lesións musculares, tipos de vendaxes, como tratar feridas, etc. e calquera outra dúbida que teñan os lectores, nunha linguaxe que todo o mundo entenda e poida levar a cabo. Por suposto, contrastando toda a información con diferentes profesionais da saúde (Traumatólogos, Rehabilitadores, Fisioterapeutas, Masaxistas, etc.).

Son Enfermeiro de profesión con formación no ámbito deportivo da enfermería de case tódolos deportes, así coma Quriomasaxista (Federación Galega de Ximnasia) e Masaxista deportivo (Real Federación Española de Gimnasia- RFEG).

Espero poder así resolver algunas dúbidas cos meus humildes coñecementos e coa colaboración de outros profesionais e por su posto de todos vós.

Artigos relacionados

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios