Un día polos 50 anos do Buño


Este pasado sábado, 28 de decembro, celebrouse un acto para conmemorar o 50 aniversario do equipo oleiro.
O culpable desta gran festa do conxunto branquiazul é Milucho Calvo, ex xogador, ex entrenador das categorías base e ex directivo, contando sempre coa colaboración da actual directiva que encabeza Ramón Calvete acompañado do seu fillo Dani, Nelson, Óscar, Luis e Diego. Outro dos que aportou o seu particular gran de area para a celebración deste acto como non podía ser doutra forma foi Emilio Calvo, fillo de Milucho e actual capitán do Buño SCD xunto con Diego Rojo. Tamén colaboraron en todo o que puideron dous branquiazuis ata a médula que traballan máis na sombra como son Jorge Calvete, ex xogador que actualmente milita nas filas da SD Sofán e a nai deste, Mari Carmen Olveira.
Nesta celebración reuníronse múltiples personalidades do clube. Vellas glorias, ex xogadores, que agora mesmo están activos noutros equipos e moitos dos xogadores que conforman a actual plantilla do cadro blanquiazul. Ademais, tamén asistiron ao acto numerosas personalidades institucionais como o alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, o presidente da Federación Galega de Fútbol, José Liñares, o Concelleiro de Deportes e Urbanismo, Manolo Torrado e o Concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Rodríguez, entre outros.
Ao redor das catro da tarde, daría comezo esta celebración cunha ofrenda floral como recordo dos integrantes desta gran familia que xa non están presentes. De seguido, foto de familia con todos os asistentes e tamén das distintas xeracións que pasaron polas filas do clube.
Logo desto, comezaría a actividade futbolística e entrarían en escea as vellas glorias do conxunto oleiro nun partido de superveteranos, no que se puido ver que a pesar de que os anos pasaron por eles a calidade nunca se perde aínda que os reflexos xa comezan a fallar.

Despois do partido entre os superveteranos, continuaría o fútbol cun encontro entre os actuais veteranos do Buño e ex-xogadores do equipo branquiazul que xogan actualmente noutros equipos desta categoría.
E, finalmente, chegaría o plato forte da tarde co partidazo da tarde entre os actuais compoñentes do conxunto oleiro e os ex-xogadores, que siguen en activo noutros clubes.
Tras finalizar a actividade futbolística, Luis Porto e Héctor Pose presentarían o novo libro da historia do fútbol costeiro titulado “Mar de paixón” nunha xuntanza na que estiveron presentes parte dos protagonistas da tarde e do libro.
E para rematar, a familia do Buño SCD celebrarían un cocido multitudinario no restaurante Casa Elías onde a sobremesa se extendería, xa que había moitas anécdotas que revivir logo de tanto tempo, donde algúns dos protagonistas non se vían dende corenta anos atrás.
Dende o equipo de QPC queremos felicitar ao Buño SCD por este 50 aniversario e polo acto tan emotivo que celebraron con Milucho á cabeza.



- David Castro, de O Fútbol unha pasión ([email protected]).
Novas relacionadas
- David Castro: Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa.
- Anxo Garrido: A homenaxe da UD Cerqueda a Ángel Garrido en vídeo.
Outras entrevistas de David Castro
- Entrevista de David Castro co xogador internacional David García Pichel.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
- Entrevista de David Castro con Juan Chans: “Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida”.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Entrevista de David Castro co porteiro cabanés Sergio Aranzubía.
- Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol.
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
Máis entrevistas
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).