Domingo. 16.06.2019
El tiempo
Alexandre López Romero
08:43
15/06/18

Xente Pequena (III)

Xente Pequena (III)
Limpeza de San Roque dos nenos do Cole de Quenxe Limpeza do campo de San Roque dos nenos do Cole de Quenxe

"O verdadeiro heroismo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos." - Castelao -

Honéstamente teño que dicer que non son un gran ecoloxista, nin un gran naturalista. Isto non quere dicer que non teña conciencia do mal que lle facemos ao planeta, a nosa natureza, ao noso entorno. Somos destructores. Nosa pegada ecolóxica é cada vez maior... Eu sempre teño para todo o mesmo criterio: contratacar, defendermos, crear espazos contra o pensamento único, contra un estilo de vida que destroza absolutamente todo. É dicer: O Capitalismo. O capitalismo é depredador e abusón. Levao no seu ADN. Precisa de esquilmar recursos para sobrevivir. Precisa que nós consumamos sen parar... Se para, cae... Conto isto non por facer aquí un tratado anticapitalista (que tamén) nin por inventarme un manifesto dalgún -ismo que reemplace noso sistema (que falta fai) se non que o conto por unha actividade que se fixo este xoves 14 de xuño... Aproveitándome da miña condición de membro da Anpa Alén e membro da Asociación Boca De Sapo. Deille voltas a unha idea que xurdíu de falar de facer algo para concienciar aos rapaces de coidar, defender e respectar a nosa natureza máis próxima. Dirixinme ao Colexio e propusen a actividade que xerminou nunha das moitas reunións que facemos. A acollida foi espectacular. A dirección do Colexio recolleu, dou propostas, púsoxe a disposición nosa en todo momento... Após algún problemiña de última hora, mover os marcos dos horarios do Colexio. Solventar dificuldades varias, a actividade foi endeiretándose, chegando a bon porto... Paco Peru falou en clave de natureza no Cole de Quenxe Paco Peru falou en clave de natureza no Cole de Quenxe E chegou o día. Proxectamos uns videos elaborados por Paco Perú (demostrando unha valentía digna de admirar nun momento moi delicado para el). E saímos, e vimos carballos, e sanguiños e pampullos e luvas de lobo e estripeiros e buxos e pereiras bravas e a purga dos pobres e loureiros e camiñábamos falando da vida das aldeas, do bolo do pote, dos follados con touciño, das xestas para varrer... e tantas tantas cousas... E chegamos a San Roque. Alí había resíduos que limpamos (enchimos catro ou cinco bolsas grandes de lixo) para concienciar do respecto de desfrutar das festas, mais tamén necesidade de coidar nosos campos, nosos prados, nosos montes... E chegou Belén a nosa bióloga e dounos unha clase maxistral de plantas, de flores de árbores, de bichos nas pozas. Falou do noso rico, a pesar de todo, rico ecosistema... Chegamos de volta e rematou todo... Bon, todo non rematou. Todas e todos comezamos falar de volver repetir cada ano, de que sexa o comezo dalgo que quede no imaxinario do alumnado. De espallalo aos máis cativos. Do principio dunha fermosa amizade coa nosa natureza... Duscrubrindo a flora local Descrubrindo a flora local E por que conto todo isto? Porque isto é o que hai que facer. A ista xente pequena facendo cousas pequenas en lugares pequenos para mudar o mundo é a que hai que admirar... Unha pequena actividade que apenas custou un peso mais que foi un paso enorme para as nenas e os nenos. Para os que alí estivemos. Para min... E pensei nunha desas frases que tanto me gostan: Pensa globalmente, actúa localmente E eu engado: Pensa localmente, actúa globalmente Agardo que as xeracións futuras sexan mellores que nós. A natureza necesitao... Mentres andabamos, os merlos, os gorrións, os paxaros todos chiaban, acompañándonos... Eu escoitábaos e unha raiola de futuro colábase entres os cumios das árbores. E sentinme ben... Moi ben... Excursion do cole con Boca de Sapo
  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
 

Artigos de Alex López Romero

  Fonte

comentarios