Xente Pequena (III)
10:43 15/06/18

"O verdadeiro heroismo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos." - Castelao -
Honéstamente teño que dicer que non son un gran ecoloxista, nin un gran naturalista. Isto non quere dicer que non teña conciencia do mal que lle facemos ao planeta, a nosa natureza, ao noso entorno. Somos destructores. Nosa pegada ecolóxica é cada vez maior... Eu sempre teño para todo o mesmo criterio: contratacar, defendermos, crear espazos contra o pensamento único, contra un estilo de vida que destroza absolutamente todo. É dicer: O Capitalismo. O capitalismo é depredador e abusón. Levao no seu ADN. Precisa de esquilmar recursos para sobrevivir. Precisa que nós consumamos sen parar... Se para, cae... Conto isto non por facer aquí un tratado anticapitalista (que tamén) nin por inventarme un manifesto dalgún -ismo que reemplace noso sistema (que falta fai) se non que o conto por unha actividade que se fixo este xoves 14 de xuño... Aproveitándome da miña condición de membro da Anpa Alén e membro da Asociación Boca De Sapo. Deille voltas a unha idea que xurdíu de falar de facer algo para concienciar aos rapaces de coidar, defender e respectar a nosa natureza máis próxima. Dirixinme ao Colexio e propusen a actividade que xerminou nunha das moitas reunións que facemos. A acollida foi espectacular. A dirección do Colexio recolleu, dou propostas, púsoxe a disposición nosa en todo momento... Após algún problemiña de última hora, mover os marcos dos horarios do Colexio. Solventar dificuldades varias, a actividade foi endeiretándose, chegando a bon porto...


- Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
Artigos de Alex López Romero
- Xente Pequena (II).
- Daaasmeee uuun peeesooo.
- Monólogo do Apalpador.
- Un artigo para xente pequena (I).
- Free Jazz.
- Paterson.
- CPX!.
- Muiñeira triste de Fisterra Blues.
- De voitres, escorias e da necesidade de soltar malos fumes.
- Hachikí!.
- 5 temas e un bonus track.
- Estimados quen sexades de Hazte Oír.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)