A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV
A xurisdicción de Corcubión e a de Vimianzo tiveron un acentuado protagonismo no século XV, primeiro como bens en pugna -feito que xa quedou exposto- e despois debido ó papel xogado polos seus titulares, os Moscoso, no arcebispado de Santiago.

Era ademais previsible que os Moscoso tentasen dende a formidable plataforma que representaban as xurisdiccións de Corcubión e Vimianzo incrementa-lo seu patrimonio estendendo os seus tentáculos sobre as terras veciñas, especialmente as vilas. Sen dúbida este proceso expansionista está en íntima relación cos acontecementos políticos que tiveron lugar no reino de Castela a partir da caída en desgracia e a morte de don Álvaro de Luna, privado do monarca Xoán II, en 1453. Estes acontecementos precipitaron a ruptura do precario equilibrio habido entre os arcebispos de Santiago, os cabaleiros feudatarios, o titular do condado de Trastámara e os concellos das vilas máis puxantes. Non pode desligarse tampouco do desenvolvemento que alcanzaron as vilas de Cee, Fisterra, Muxía e Malpica no século XV. Este desenvolvemento fixo delas presas codiciadas e coloca en primeiro plano o papel xogado polos seus concellos. Por último, o modus vivendi da nobreza galega no século XV e a escalada militar provocan unha necesidade elevada de recursos económicos non sempre acadada dun xeito lexítimo ou razoable: de aí os malos usos, as usurpacións, rescates, etc.
- a) O saqueo de Corcubión
Unha noite de xullo de 1457 catorce ou quince barcos e pinazas aparecen no horizonte da vila de Corcubión. Aproveitando a escuridade, os homes que as pilotaban desembarcaron na vila. Entre eles figuraba García de Caamaño, alcaide da fortaleza da Barreira, Martín Becerra, o seu irmán, Xan Fernández de Torres, alcaide do castelo de Lobeira, e moitos outros criados e vasalos do arcebispo de Santiago, don Rodrigo de Luna. É facilmente imaxinable a escena que tivo lugar a continuación: pánico, berros, espadas desenvaiñadas, sangue e lume...

O procurador de dona Xoana de Castro denunciará tempo despois o que aquela noite aconteceu:
... e pospuesto el temor de Dios e del señor rey e de su justiçia .. . los sobredichos reos salieran de los dichos nauios en que yban e entraron en el dicho lugar poderosamente e por fuerça de armas e contra la voluntad de la dicha dona Juana e de los vesinos e moradores del dicho lugar de Corcavion entraron en el e lo pusieron a saca mano e robaron quanto fallaron asy dineros como oro e plata e panas e ropa de cama e axuares de casa asy lo que fallaron en la posada de la dicha dona Juana como en todas las otras casas ... e sacaron sangre de muchos omes e mataron a Gomes de Rioboo, criado del dicho Rodrigo de Moscoso, ... vytuperosamente enjuriaron a la dicha dona Juana seyendo dueña de honor e de noble Iynaje e muger de honbre muy honrrado cavallero de grande estado ... desiendole e IIamandole muchas feas e desonestas palabras ...
A queixa de dona Xoana chegou ó rei que dou orden ó correxidor de que averiguase os feitos e fixese xusticia. A condena foi a morte tanto para os capitáns como para os outros participantes da expedición.
- b) A ocupación de Fisterra, Muxía e Malpica

No contexto posterior ás guerras irmandiñas debe situarse a ocupación manu militari de Fisterra, Malpica e Muxía, e a asunción do título de vizconde de Fisterra por Lope Sánchez de Moscoso. Lope Sanchez de Moscoso, fillo de dona Inés -irmá dos anteriores- e don Vasco López de Ulloa, fixo uso do título de vizconde de Fisterra ata 1475 aproximadamente, momento no que pasa a intitularse conde de Altamira. Coincide esta data co pacto ó que chega con don Alonso de Fonseca materializado no dote de Aldonza de Acevedo.

En 1475 os Reis Católicos conminan a Lope Sánchez a que reintegre os portos de Malpica e Muxía ó arcebispo, ó tempo que o arcebispo lanzaba ás súas cartas de excomunión contra todos aqueles que ocupaban las nuestras villas, puertos e lugares y tierras llanas: Vigo e Redondela, Reys e Cedeira y la puente Sant Payo, e Malpica, Mugia, Cee e Finisterra. Esto foi un premio real á pronta adscrición a partida isabelina por parte de Fonseca. Así, a monarca condena a ocupación da catedral, das fortalezas de Rocha Branca, Cira e Pico Sacro e de varias vilas arcebispais que mantiñan ocupadas os seus inimigos, especialmente Lope Sánchez de Moscoso e Pedro Madruga, ao que lle negaba os títulos de Vizconde de Tui e Mariscal de Baiona e as rendas sobre Pontevdra, Redondela e Vigo.
Posteriormente, a maior firmeza demostrada polos novos monarcas e a pacificación consecuente, levou consigo a volta progresiva á normalidade dentro da zona. Contra 1480 os Reis Católicos inician a "pacificación" do Reino de Galicia e logran somete-los nobres máis indómitos. En 1486 viaxan a Galicia e ordenan que algúns nobres galegos marchen con eles para Castela, entre eles o conde de Altamira.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).