A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais

Dada a súa importante presencia na zona, os Moscoso, futuros condes de Altamira, van se- los maiores protagonistas da tensión ocasionada pola actuación da nobreza na nosa zona. Polo seu estatuto privilexiado, ningún oficial real podía inmiscuirse na administración das xurisdiccións sometidas a eles. A monarquía, polo tanto, vía reducida a súa presencia nestas terras ó cobro de impostos, especialmente de alcabalas e tercias.
Os Moscoso, como outros señores intentarán beneficiarse na medida en que a necesidade e a debilidade do monarca o permita. O rei podía allea-las alcabalas ou autorizar tomas ocasionais para sufragar determinados gastos e premiar servicios. Resulta facilmente comprensible que os Moscoso tivesen no punto de mira, antes que ningunha as alcabalas das súas propias xurisdiccións. É ilustrativo a este respecto que, por exemplo, Enrique IV ordenara sacar a pública poxa as alcabalas e tercias dos anos de 1459 a 1462 do arcebispado de Santiago a excepción das correspondentes a Betanzos e ás terras de varios destacados cabaleiros, entre eles Rui Sanches de Moscoso e do seu fillo Rodrigo de Moscoso, porque yo las mando arrendar por otro preço o fazer dellas lo que la mi merçed fuere. En xullo de 1467, o mesmo Enrique IV fai mercede a dona Xoana de Castro e a seus sucesores das alcabalas da terra de Nemancos e Soneira cos portos de Laxe e Corcubión, polos grandes servicios prestados por don Rodrigo de Moscoso a el e a seu pai.

A hexemonía dos Moscoso no arciprestado de Nemancos baseábase no seu poder militar e souberon esgrimilo sen tapuxos para te-la suficiente capacidade persuasoria como para propiciar outro tipo de situacións á marxe do concedido pola coroa. Dende as plataformas de Corcubión e Vimianzo asediaron os portos limítrofes que tiñan alcanzada unha certa puxanza. Era previsible que as rendas reais e as que pertencían a outros señores provocaran a cobiza dos Moscoso. Dona Xoana de Castro, xa viúva de Rodrigo de Moscoso, recoñece nunha carta de pago que Fernán Casquizo de Cee e Gomes Peres de Fisterra, xunto con outros alcavaleiros deses portos, lle entregaran 22.500 marabedís correspondentes ás alcabalas do ano de 1460, que ela tomara para pagar çerta gente que o corregidor frey Arias do Rio me mandou traer en serviço del rei nostro señor. Bernaldeáns de Moscoso tomou 15.000 pares de brancas, cantidade á que ascenderan as alcabalas do porto de Muxía no ano 1460, argumentando que era vasalo del rey e lle eran devidos de sua merçede. Obrígase a responder polo concello de Muxía ante o rei e os seus recadadores.
A versión do concello era radicalmente distinta: Bernaldeáns levara os 15.000 marabedís como señor poderoso e contra a nosa vontade desta dita vyla, sen que puidesen resistir á súa forza. Con declaracións deste tipo, os recadadores e fieis das alcabalas pretendían evitar que caese enriba deles un mal peor: a obriga de lles pagar de novo o producto das rendas reais ós arrendadores da coroa. En outubro, un contador real dirixe unha carta a Gomes Peres de Fisterra, arrendador menor das alcabalas de Muxía en 1460. Nela evidénciase que se Bernaldeáns non asina a toma por el feita, Gomes Peres debería responder cos seus propios bens ante o recadador maior. En 1466 un criado de Bernaldeáns de Moscoso rubrica unha carta de pago na que afirma ter recibido dos fieis das alcabalas de Fisterra 12.877 marabedís correspondentes ó ano 65. Sinala, ademais, que Bernaldeáns os embolsa en virtude dunha toma que fixera para algunas causas cumplideras a seruiço do dito señor rey
.En outono de 1467 o concello de Muxía denuncia que Álvaro Pérez de Moscoso embolsou a cantidade correspondente as alcabalas de 1466 contra as nosas vontades e como señor poderoso engadindo que poys que el he yrmaao com a santa hermandade enna çibdade de Santiago que fagan a segyçon en el e en seus beens. Por outro documento consta que fixo o propio coas alcabalas de Cee e Fisterra.

A ausencia de alusións á autorización expresa de Enrique IV e as denuncias do concello de Muxía nos documentos precedentes fan sospeitar que estas tomas foron en realidade usurpacións.
Pero é que ademáis do exposto, os Moscoso estiveron implicados nos complexos mecanismos de recadación das rendas rexias e da renda por excelencia: a alcabala. É sabido que o sistema recadatorio baseábase na poxa pública das rendas. A poxa organizábase por partidos e por gravames; o arcebispado de Santiago e o bispado de Tui constituían un distrito fiscal e as alcabalas e tercias acostumaban subastarse xuntas. O monarca podía excluír da subasta os gravames correspondentes a determinados lugares que considerara oportunos; por exemplo, Enrique IV reservou as alcabalas de Baiona, Betanzos e das terras de varios cabaleiros correspondentes ó cuadrienio 1459-1462. Unha vez rematadas - subastadas- as rendas de determinado partido, a persoa que máis puxara tiña que presentar fianzas ós funcionarios reais nun breve prazo de tempo. Aceptadas as fianzas polos oficiais rexios, o arrendador recibía unha carta de recudimento que Ile daba poderes para cobralas. Normalmente, esta persoa -o arrendador maior- subarrendaba a percepción destas rendas a outras persoas -os arrendadores menores. Como é lóxico os arrendadores menores tamén tiñan que presentar fianzas. A ganancia dos arrendadores maiores e dos menores cifrábase na potencial diferencia entre o que efectivamente cobraban e a cantidade que Ile entregaban ó rei ou se é o caso ó arrendador que estivese por enriba, sexa o maior ou outro menor. Este procedemento será substituído a finais do século XV polo sistema de encabezamento.
O papel xogado polos Moscoso no sistema de recadación das rendas rexias é o de fiadores. Rodrigo de Moscoso foi fiador de Zuleme Aben Arroio, recadador maior das rendas reais arredor de 1440; Xoán II outorgou un finiquito a don Rodrigo conforme respondera por don Zuleme cando este quedara debendo certa cantidade de marabedís.

Unha carta de Garci Viejo e de Pedro López, arrendadores maiores das alcabalas no arcebispado de Santiago e no bispado de Tui, dirixida a Gonzalo Rodríguez Porra, arrendador menor das alcabalas de Malpica e o seu alfoz, ordenándolle pague a Bernaldeans de Moscoso 4500 marabedís revela que o de Moscoso lles prestara a citada cantidade para enviar e pagar 105 maravedis de la camara del dicho señor rey. Pero, ¿cal era a ganancia dos Moscoso nestes negocios? A hipótese máis plausible é que detrás destas fianzas se escondera un préstamo con intereses. O caso dos Moscoso non é illado. Consta que outros cabaleiros e escudeiros se constituíron en fiadores doutros arrendadores. As débedas deixadas polo arrendador maior do arcebispado de Santiago e bispado de Tui, Rui Martínez de Carballido, á súa morte en 1503 desvelan os nomes dos seus fiadores: Fernán Pérez Parragués, Constanza das Mariñas, Esteban de Junqueiras, Vasco Fariña de Lamas e Vasco Freijomil. É curioso que case todos eles estean relacionados cos Moscoso. Algúns indicios permiten afirmar que os Moscoso foron tamén arrendadores das rendas reais por persoa interposta. Nunha carta datada en 1474 don Lope Sánchez de Moscoso, daquela vizconde de Fisterra e pertigueiro maior de terra de Santiago, recoñece ter recibido de Xoán Rodriguez Moula, alcaide e meiriño da súa fortaleza e terra de Vimianzo respectivamente, certa cantidade de marabedís que este recadara no seu nome en razón das alcabalas, décimos e alfolís correspondentes os anos 1471, 1472 e 1473 nas vilas de Muxía, Fisterra, Cee e Corcubión asy por tomas como por arrandamentos que delas fezestes por meu mandado (. . .) del rey nuestro señor e de seus contadores e arrandadores e de outro ou outros qualquer ou quaeesquer que seu poder do díto rey ouueren. No caso das alcabalas de Muxía do ano 1473, o portador da ganancia era Gonzalo Rodríguez Porra. Intúese que este escudeiro, veciño de Santiago, cumplidor do testamento de dona Xoana de Castro xunto con Esteban de Junqueiras, é tamén un home ó servizo dos Moscoso aínda que esta relación non se faga expresa na documentación. Tamén figura como arrendador menor das alcabalas de Malpica correspondentes ó ano 1459 e das de Cee, Sardiñeiro, couto de Duio, Fisterra e Muxía dos anos 1466 e 1467.
O feito de que os Moscoso non interviran directamente no arrendamento pódese explicar por dúas razóns; determinadas persoas non podían arrendar rendas reais en certos lugares, entre elas os homes poderosos dese lugar. Por outra parte, é posible que non estivese ben visto socialmente que un cabaleiro intervira neste tipo de negocios.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).