A emigración no século XX
19:54 29/09/10
No século XX, Arxentina despraza a Cuba e convértese no principal centro receptor dos nosos emigrantes. En 1923 constituíase nestas terras a Sociedade Agraria e Cultural dos Fillos do Partido de Corcubión, que non sería a única sociedade fundada polos nosos emigrantes pero si a máis importante e que, ademais de publicar informacións sobre a nosa terra, tamén tivo iniciativas de carácter benéfico como a construción de varias escolas primarias en diversos lugares. Tamén se poden salienta-las asociacións fundadas polos emigrantes de Fisterra, Muxía, Zas... caracterizadas todas elas polo amor á súa terra natal e que desenvolveron importantes actividades ademais de servir de apoio ós emigrantes cando chegaban a América.
Despois da Guerra Civil, a emigración americana estará mediatizada polo cambio de actitude das diferentes repúblicas que limitarán a entrada de efectivos e que buscarán unha emigración de carácter selectivo. Ademais o cambio de situación económica que ten lugar no continente americano fará que a emigración vaia indo a menos ata a súa desaparición a comezos dos anos 60. Na década anterior tivo lugar o boom venezolano e tamén o das pesquerías peruanas, na que terán un papel destacado os mariñeiros de Malpica (na foto os patróns e mariñeiros do Chimbote), pero estas experiencias mantivéronse durante poucos anos e non chegaron a se consolidar dun xeito permanente polo que o continente americano cederá o seu lugar a Europa como novo destino dos emigrantes.
A persistencia da emigración ó longo de todo este século (aínda se mantén na actualidade, se ben con diferentes destinos) débese a permanencia daqueles factores xa aludidos cando falabamos do século XIX. O predominio da pequena explotación non tivo resposta axeitada ata a recente concentración parcelaria, que aínda así non chegou a tódalas parroquias e lugares. Vendo as porcentaxes de poboación en cada sector económico confírmase o atraso económico da zona e a súa posición de espacio intermedio entre as zonas deprimidas rurais e as de desenvolvemento urbano. A meirande ocupación, en liñas xerais, estivo ó longo deste século nas actividades agrarias, salientando a súa especialización forestal, base dunha parte do reducido compoñente industrial a través de pequenos serradoiros que aínda se manteñen en moitos lugares da nosa zona.
Tamén a pesca, na franxa litoral foi un dos sosténs da economía. Esta pesca de baixura, fundamentalmente, que pervive con certos atrancos estase a combinar coa instalación de varias piscifactorías que abren novas posibilidades de mercado para este sector. A industrialización, salvo nalgún caso como o de Cee, é moi feble e os serradoiros mencionados liñas atrás só realizan a primeira fase de transformación da madeira. Tamén neste apartado habería que facer mención dos talleres de artesanía, especialmente de cerámica, e a confección manual de encaixes e bordados. A construción, despois da gran expansión destes últimos anos anos rexistra un importante estancamento do que vai saíndo moi lentamente.
Outro importante atranco é o escaso dinamismo comercial, limitado o mesmo cá industria, por unha rede de infraestructuras e equipamentos con importantes carencias. O panorama que ofrecía este sector ata hai poucos anos caracterizábase pola presencia, nas poboacións máis importantes, dalgunhas sucursais bancarias, establecementos de vendas polo xunto, variados servicios persoais, educativos ... e a administración pública local nas capitais dos concellos.
Moitas destas cousas están a cambiar dende a entrada española na UE e na década dos 90 acométeronse diversas e variadas melloras contando para iso con fondos europeos. Na actualidade, A Costa da Morte atopou no turismo de calidade un importante recurso para o seu desenvolvemento. Para iso conta con atractivos espacios naturais, praias, un patrimonio histórico e cultural que se debe revalorizar, unha variada gastronomía ... pero aínda faltan infraestructuras e servicios adecuados para poder explotar esta importante potencialidade turística.
Estanse dando os primeiros pasos neste aspecto polo que agora é tempo de seguir mellorando e loitando para que a Costa da Morte medre e xere riqueza para todos evitando que as futuras xeracións teñan que recorrer á emigración por falta de oportunidades.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte).
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.