Mércores. 01.05.2024
El tiempo
09:00
26/05/12

A temperatura

A temperatura

A temperatura de servicio do viño é un dos aspectos máis importantes a hora de disfrutar dunha boa copa, xa sexa en compañía dos amigos, xa sexa en compañía dese xamón que temos no mesado da nosa cociña. Imaxinade se é importante este tema que a temperatura é a razón pola que as copas para o viño tinto son máis grandes que as do blanco. Os blanco, ao servírense máis fríos, necesitan unha copa que concentre máis os aromas para que os poidamos disfrutar a pesar da baixa temperatura. Os tintos necesitan unha copa amplia para que os vapores alcólicos se poidan dispersar, e poidamos disfrutar de moita máis variedade de aromas e matices no viño.

Se queres aparentar saber de viños, aínda que non teñas nin idea, controlar a temperatura de servicio do viño é algo esencial. De entrada, e antes de pararnos en grandes disquisitudes, os viños blancos sempre se deben de servir a menos temperatura que os tintos, pero mirade o que vos digo: non sei que será peor, se tomar un viño blanco quente de máis, ou un viño tinto frío de máis. Por iso debemos de ser cuidadosos con este detalle.

Os viños blancos deben de consumirse fresquiños, xeralmente entre os 7 e os 12 grados, dependendo de si se trata de un viño xoven ou de un crianza. Canto máis novo sexa o viño, máis fresquiño se pode tomar. Por que é isto así? Pois porque se o tomamos demasiado frio, o único sabor que destacará, será a súa acidez se a ten, e se está quente, os aromas se verán enmascarados polo alcohol. Estou falando sobre todo de Nariz. En boca a cousa é moi semellante. Anímovos a facer a proba, que probando é como se aprende realmente; collede un viño calquera blanco metede unha botella na nevera, e outra a deixades fora. Collede un par de copas, e comparade. O resultado vos vai sorprender.

Mesmo así, o pecado máis grande que podedes facer é servir un viño tinto recién saído da nevera. O peor non é que o viño non vai saber a absolutamente nada; se non que ides quedar coma que non tendes nin idea de viños, que é o contrario do que estamos tratando de aprender a aparentar con estes artigos. Os viños tintos deben de servirse fresquiños, a temperatura da bodega. Uns 15 gradiños de media. Mesmo así hai diferencias, coma nos blancos. Os máis xoves permiten temperaturas algo máis fresquiñas, e os crianzas e reservas, admiten temperaturas un puntiño máis elevadas. Iso sí, estamos falando dunha oscilación de dous gradiños para arriba ou para abaixo.

Nos viños tintos recordade que hai unha excepción: Os viños verdes tintos, que se elaboran no norte de Portugal. Estes viños teñen a característica de que durante a súa elaboración non se realiza a fermentación maloláctica, o cal fai que teñan unha agulla de acidez que agradecemos os días de verán. Estes viños tintos sí que se poden servir recén saídos da nevera.

Entón, que é o que teñen nos bares, que me sacan a botella de viño tinto dunha neveriña? Pois por que se trata de unha nevera especial para viños, que normalmente teñen a 15 grados para manter frescos os viños tintos, e que ademáis teñen a caracteristica muitas delas de manter unha humedad relativa constante, o cal é moi beneficioso para manter as rollas dos viños nas mellores condicións, e que non estropeen os viños. Trátase do soño do que quere aparentar saber de viños ainda que non teña nin idea, ter unha desas na casa.
E que podemos facer o resto dos mortales na nosa casa? se te compras unha caixa de botellas de viño, xa sexa de blanco ou tinto, o mellor que podes facer para conservala é refuxiala no lugar máis fresco e oscuro da casa, sen sacalas da caixa, e ir metendo as botellas na nevera se son de blanco segundo as vaias consumindo. Os tintos xa os poderedes consumir directamente da caixa, e veredes que bós están.

Para axudarvos, elaborei este cadro, sen ningún fundamento científico, e que vos pode votar unha man. Recórdovos que só é orientativa:

Tipo de Viño
5Cava / Espumosos
6Blancos Doves
7Blancos
8Blancos
9Blancos Xenerosos
10Tintos Verdes / Rosados
11Blancos / Rosados
12Blancos crianza / Rosados
13Tintos Xovenes
14Tintos
15Tintos
16Tintos
17Tintos Crianza
18Tintos Reserva

E recordade, para que pareza que sabedes de viño, ainda que non teñades nin idea:

  • Non sirvades os viños blancos quentes, e muito menos os tintos da nevera.
  • Adecuade a temperatura de servicio ó tipo de viño que ides disfrutar.
  • Non agarredes a copa polo globo, porque ides quentar o viño, ademáis de que queda horrible estéticamente como xa comentamos no artigo anterior.
  • Guardade os viño nun lugar fresquiño e sombrío da casa para conservalo nas mellores condicións.
  • Non metas os viños no conxelador. Os blancos os podes por na nevera según os vaias consumindo, e os tintos directamente da nosa "bodega".
  • Antes de usar un conxelador, se tes unha urxencia, usa unha cubiteira. Muito máis elegante e glamourosa.

Artigos de Quique Portela en Parece que sei de viños

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios