Acabemos coas vuvuzelas
19:57 29/09/10
Comezou o mundial, cantísima xente o estaba esperando dende fai tempo, nesta época de relaxarse e sentarse a ver un bo partido de fútbol, dun acontecemento que só se repite cada 4 anos.
Pero este ano.. o mundial ten algo diferente, os africanos son grandes xuerguistas e festeiros, a súa forma e espírito a hora de animar son envexables, pero quizais ese entusiasmo este sendo algo esaxerado a hora de utilizar as típicas tropetas dos partidos que tanto gustan os sudafricanos, chamadas vuvuzelas.
O normal é ter 50 ou 100 instrumentos de este tipo xunto con bocinas e tambores nun campo, pero cando se chega a ter miles (grazas moi en parte a todos os patrocinadores que as están regalando) o son, como podemos comprobar nesta edición do mundial, chega a ser tremendamente enxordecedor.
Varios xogadores xa se estiveron queixando de esta situación, un deles foi o barcelonista Messi, quen afirmaba que lle estaba a resultar complicado falar cos seus compañeiros por mor de ese son; as queixas chegaron ata a organización do mundial, quen estuda prohibir ou regular o seu uso nos campos: pero de momento aí seguen; molestando a bastantes seguidores e xogadores, facendo, para moitos, que ver un partido na televisión sexa algo desagradable e que se acabe ata con dor de cabeza (pode ser unha esaxeración, pero é o que se escoita polos foros futboleiros).
Ben, a tecnoloxía neste caso, tamén nos pode axudar. Os sons producidos polas vuvuzelas teñen, como todos os sons, unha determinada frecuencia; e utilizando algún aparato intermedio que nos permita controlar o rango de frecuencias poderemos enxordecer moderadamente ese son para que non sexa tan molesto, e poidamos escoitar os comentarios mais nitidamente.
De feito é unha técnica que se está comezando a utilizar en algúns establecementos hostaleiros, co lema “Free-vuvuzela bar”.
Habería dúas formas de facelo sempre e cando contemos con algún equipo medio decente de son na casa, ou que teñamos un televisor con ecualizador incorporado.
Unha forma sería a de pasar o son por un equipo informático no cal instalaremos un software que nos permita bloquear o paso das frecuencias que compoñen o son das vuvuzelas, e outro ter un amplificador con ecualizador incorporado (físico, ou tamén como software dentro de un portátil) que nos faga de ponte entre a televisión e os altofalantes, e que nos permita ecualizar o son para diminuír as devanditas frecuencias; iso último sería o equipo normal nun establecemento hostaleiro.
A pregunta é, ¿que frecuencias teríamos que bloquear? pois as seguintes: 233, 466, 932 e 1864 Hz.
Tendo este dato, e algún software ou ecualizador de amplio espectro a man poderemos enmudecer, dentro do que cabe, ese tedioso son, e converter o noso fogar ou o noso establecemento nun "vuvuzela-free", si así o desexamos..
- Mario Rodríguez Gómez (mariorodriguez[arroba]quepasanacosta.gal).
Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía
- Galiza tamén a vangarda das novas tecnoloxías.
- Un futuro preocupante.
- A física non vende periódicos .
- A privacidade nas redes sociais.
- A Estación Espacial Internacional, dende a terra.
- “Fume de terceira man” .
- “Cicloxénese explosiva” .
- Paradoxas da vida, O Quentamento Global.
- ¡Deixen paso o software líbre!.
- Falando de residuos núcleares… .
- Por fin…TDT na costa da morte, guía de como sobrevivir a ela.
- Telefonos Móbiles VS. Saúde, o eterno debate.