venres. 02.05.2025
El tiempo
08:10
29/10/13

As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben

As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben

Moi querida neta Cristina:

Antes de felicitarche polo éxito do domingo ---seguides tendo un partido forte que aguantou ben che quero pedir que intercedas diante do presidente ruso para que liberen á valente piba de Caballito, Padiola. É unha rapariga exemplar que merece todas nosas felicitacións ao poñer en risco a súa vida no Ártico en aras dun futuro sen contaminación. Non tes que alterarte porque logo dunha operación non é conveniente. O país camiña con paso firme. Os inimigos da consolidación do proxecto de renovación non triunfaron. É evidente que o emerxente intendente do Tigre está e estará sempre máis preto túa que do grupito neoliberal porteño. Agora enseguida vén o verán, así que co calorcito e a cervecita na praia nos poñemos máis contentos.

Os avós estivemos comentando que che imos a axudar na túa convalecencia. Parécenos importante o facerche unha recomendación esperando que nos deas bóla. Trátase de incluír na túa dieta alimenticia ao nutritivo e sabroso caldo galego. En serio, non te rías. Falamos con varios médicos galegos que exerceron na capital porteña para preguntarlle polo caldo o noso de cada día. Nos meus tempos na aldea estaba farto do caldo pero agora o añoro e cámbiocho por calquera manjar.

A conclusión máis evidente é que si nosa rural Galicia fixo caldo e máis caldo durante máis de dous séculos ---coa excepción dos días de festa--- será porque as verduras che manteñen. A escasa presenza da carne vacuna na dieta non afectou aos labradores que laburaban con tesón logo dun rico caldito feito con verzas, nabizas, grelos, papas e un anaco de porco para darlle gusto. Tamén había quen lle poñía un pouquiño de unto para suavizar o sabor amargo dalgunhas hortalizas.

Si lle pos grelos vaste a repoñer antes. O problema é que en Arxentina non se cultivan para comercializar. Non hai ningún chacarero que os plante pero varios paisanos nosos plántanos no fondo da súa casa. O grelo é o brote tenro do nabo que algúns lle chaman nabizas. Son unha gran fonte de vitaminas e axudan á prevención do cancro polo seu alto contido en glucosinatos. Tamén teñen moito calcio polo que preveñen a osteoporisis. Si che pos en contacto cunha neta nosa de San Xurxo de Sacos podes conseguilos. Chámase Gladys e cultívaos en Ituzaingó. Coñecémola ben e sabemos que chos brindará encantada porque é todo corazón.

Bueno, Cristina, aínda nos falta explicarche o asunto da cocción dos grelos. Non se deben ferver demasiado xa que perden as súas calidades nutritivas. Cremos que en toda Arxentina hai poucos especialistas en caldo galego así que che recomendamos que cho prepare ---con ou sen grelos--- un especialista. Aos avós ofrécenos todas as garantías o Chef Curral Vide. Ademais de bo cocinero é home culto que coñece os diferentes produtos que forman a gastronomía galega. Non che podemos recomendar a ningunha vella cocinera emigrante, sería facerlle competencia desleal ao titular do restaurante "Morriña" que como é lóxico paga os seus respectivos impostos. Os investigadores que se centran na historia da alimentación aseguran que si non fose polo caldo o pobo galego desaparecería. Nós sabémolo ben. O que che conto é para achegarche por medio do aroma á aldea que me viu nacer. Si saboreas o caldo con calma, parecerache estar sentada nunha longa mesa de madeira acompañada polos nosos familiares de Mazaeda comentando sobre o frío inverno nas montañas fonsagradinas. Cando volvas ao laburo lle podes repetir aos teus colaboradores unha frase en galego que recentemente aprendiches: "Cristina probou vos grelos e lambeuse vos dedos".

Despídome. Recórdoche que non deixes de seguir empuxando para que o Centro Galego da esquina de Belgrano e Pasco recuse recuperepérese. É certo que é moita a guita que o INAES está metendo alí pero hai que velo como unha homenaxe ao esforzo construtor dos miles de vellos compañeiros de travesía que acabaron os seus días dicindo: "Grazas, Arxentina". Recibide o meu abrazo repleto de sentimento emigrante.

  • Pascasio Fernández Gómez.

  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
.

Comentarios