xoves. 01.05.2025
El tiempo
08:15
14/11/13

As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura

As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura

Moi querida neta Cristina:

Antes de que volvas ao traballo ---que será dentro duns días--- querémoste facer chegar nosa máis sincera felicitación polo éxito democrático de ter definitivamente aprobada unha Lei de Medios. A nosa experiencia dinos que a xenerosa terra que nos acolleu será máis rica si conta para expresar a súa pluralidade de ideas e propostas cuns medios de prensa independentes. Queremos dicir que o saudable é que cada cidadán elixa o diario ou revista que quere ler e que pague por iso para soster a viabilidad da empresa editora. Uns comprarán "A" e outros "B" ou "C" pero todas as empresas pagarán o mesmo polo papel que utilizan.

Bueno, Cristina, coñecémosche e sabemos que che quentas moito diante das inxustizas. O teu carácter medio galego non che permite deixar que nada importante che escorregue. As ingratitudes desbástanche e afectan a túa saúde. Creo serache de utilidade o reproducir unha frase do xornalista Álex Grijelmo recolleita da súa columna dominical A punta da lingua: "As declaracións dos personaxes públicos poden medirse con tres regulas distintas: o que din cos seus significados, o que deixan de dicir cos seus silencios e o que din e podían terse calado". Perdoa se me meto en terreo que descoñezo pero si o fago é coa intención de axudarche a que che quedes coa alegría dunhas furnas que apoiaron maioritariamente ao FPV.

Décheste conta que si menciono o texto de Grijelmo é para que penses ben o que vas dicir na túa primeira comparecencia pública logo do susto que nos deches. Os micrófonos estarán pendentes das túas declaracións. Aínda que o teu corazón te empurre para dicir o que pensan millóns de arxentinos sobre que o "Clan do Clarinete" é da peor calaña posible ao posuír un ADN formado por unha irreprimible avaricia que se adereza cunha metodoloxía mafiosa. Non te preocupes. Asegúroche que a xente normal ---menos os mercenarios--- non se esquece que ninguén foi xulgado pola indución ao suicidio do propietario de Papel Prensa. Os que pensan co bocho saben que o fume quere ocultar o interese económico dunha guita que o "Clan do Clarinete" lévase de forma ilexítima ao ser eles os únicos vendedores de papel para as diferentes empresas editoras de prensa.

Os avós desexamos que os dous anos que che quedan de mandato sexan llevaderos. Desgraciadamente, non será así. Os inimigos do benestar e do crecemento e dos plans PROL.CRE.AR buscarán formar un novo grupo sobre a base dos actuais compoñentes. Coméntase que se chamará "O Clan do Clarinete Macri" para aforrar en rexistro de copyright e aproveitar o valor dunha marca de ineficacia garantida. Acá é onde se pode apreciar ---parécenos--- que se morren de rabia ao ter que cumprir co establecido na Lei de Medios con referencia aos espazos electorais gratuitos. Non soportan o que todas as opcións políticas teñan a mesma visibilidad nun proceso electoral. ¡Hai que foderse, che! O pobo arxentino deixou atrás a infancia. Antes calquera muñequito xuntaba votos. Agora o adulto que loita pola súa familia sabe que o camiño do futuro non pasa por tolearse detrás dun dólar.

Despídome. Déixoche que vaias a morfarte o caldito que che recomendei. Non te rías, non hai mellor dieta que a dun qunriño caldo galego ao día. Recórdoche que o noso querido Centro Galego segue necesitando do apoio do goberno. O interventor A Blunda está laburando ben pero non pode facer maxia e arranxar dun día para outro unha mala xestión de anos en caída libre. Recibide un abrazo cariñoso do avó emigrante que se alegra ao ver que a beira rioplatense volve ser aquel espazo de paz onde os horneros constrúen o seu niño.

  • Pascasio Fernández Gómez.
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios