As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos
Moi querida neta Cristina:
Antes de nada, quéroche facer chegar o apoio unánime da Agrupación Celestial “Cristina da Fonsagrada” diante do sucio ataque do “Clan do Clarinete”. O merengue opositor anda toleado. Sóbelles moito a temperatura ao ver que as enquisas internas de intención de voto para as próximas eleccións presidenciais déixaos novamente en fóra de xogo. Aos avós entristécenos que os opositores non teñan a valentía de defender o seu programa de goberno. Non é bo o instalarse na crítica constante sen presentar alternativas aos cidadáns. Fuches moi valente ao suprimir a Secretaría de Intelixencia. Era un organismo que cheiraba a podre. Alí, no canto de contar cuns funcionarios cumpridores dos preceptos constitucionais, tiñas un turbio quilombo formado por funcionarios coimeros, desleales e nabos. A nova Axencia Federal de Intelixencia tráenos un cambio moi positivo con relación ás sempre criticadas “escoitas telefónicas” que agora dependerán do Ministerio Público Fiscal. Estás actuando con responsabilidade para poñer á nosa querida segunda patria nun lugar de privilexio entre as nacións que respectan os dereitos civís e sociais dos seus cidadáns.
Hai que ser moi pechado ou flor de pelotudo para crer que a Administración Fernández non fixo nada ben. En calquera país normal informaríase de que os novos trens a Mar do Prata son un servizo que beneficia aos cidadáns. Ben, supoñamos que a oposición ten unha proposta diferente, entón o lóxico é que a faga pública analizando os prol e os contra. Parécenos que as furnas énchense con certezas. A oposición aliméntase con insultos que cada vez son menos efectivos. Segue habendo quen prefire putear sen razoar pero moitos, por sorte, andan noutra onda. Son os que van a fin de semana ata San Clemente do Tuyú para saborear un cacho da disputada empanada de merluza da alegre e cordial doña Lola de Cumeiro.
Imos ao tema que motiva a miña carta e pasamos ao que para nós é un duro golpe á suor emigrante. Estou obrigado a volver insistir para intentar que non desvaneza o gran esforzo colectivo dos galegos. Acordaraste que che agradecemos a túa axuda para que o noso doente Centro Galego de Bos Aires puidese seguir tomando as aspirinas que necesita. Efectivamente co tratamento recetado polo INAES nosa histórica mutualista vai tirando. Agradécese que non se baixaran as persianas pero o de ir tirando non é a solución. Os avós somos conscientes de que sen a guita dos fondos públicos non hai xeito de pechar as contas. Entón, o futuro vémolo escuro e cheo de ruído ensordecedor dos bombos que protestan polos corredores do hospital. Estivémoslle buscando a volta e atopámola. Parécenos que temos ben xustificado o pedido que che vou a facer nesta carta. Pedímosche o inicio dun proceso de estatización dos servizos médico-hospitalarios que hoxe presta o Centro Galego de Bos Aires. Facemos constar que nos referimos soamente á medicina. O apartado cultural debe quedar á marxe e rexerase de acordo á normativa vixente para asociacións ou fundacións culturais de carácter privado.
Preguntaraste si os vellos galegos andamos boleados. Asegúroche que estamos en pleno uso das nosas facultades mentais e sentimentais. O noso razonamiento é o seguinte: a) rompemos o lombo para que os socios tivesen unha boa asistencia médica por unha cota mensual; b) esforzámonos para que os nosos descendientes tivesen unha mutualista propia; c) puxemos os ladrillos para deixarlle algo en herdanza cando nos chegase a despedida. Creo, Cristina, que entendiches a mensaxe. O Centro Galego de Bos Aires é propiedade dos arxentinos. Nós fixémolo realidade para eles. É o legado máis honrado que se lle pode deixar aos fillos, sobrinos e netos. O máis correcto é que pase a mans do país que nos acolleu e proporcionounos a oportunidade de crecer en feliz harmonía entre a vella Galicia e a nova Arxentina.
Despídome. Tes que viaxar a Chinesa e estouche entretendo con pequenas cousas. Coñécesme e sabes que o avó se sente moi animado cando a súa neta actúa coa firme convicción de corrixir os malos pensamentos dos que queren volver afundir á gran República Arxentina. Un abrazo cariñoso desde o meu frondoso bosque fonsagradino de carballos centenarios.
- Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).