As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (II): a situación xeral da vila de Cee (1796-1809)
Os trece anos que pasou Fernando Blanco na súa vila natal están marcados polas dificultades derivadas do propio momento histórico que lle tocou vivir, agravadas aínda máis pola propia casuística familiar que fixo que quedara orfo de seu pai, D. Juan Blanco de Lema, de profesión sangrador aínda que tamén ocupou en ocasións o cargo de procurador xeral da vila, cando aínda non cumprira o seu primeiro ano de vida.
A vila de Cee, na derradeira década do século XVIII, non é allea a difícil coiuntura do momento e así experimentará cambios drásticos nas súas relacións sociais e económicas, agravándose estes coa invasión francesa da década seguinte.
A situación de partida podemos coñecela a través da Visita Pastoral de 1791 na que o Arcipreste de Nemancos, Juan de Beiga y Andrade, nos deixa datos suficientes para comprobar que non corren bós tempos. A crise económica, empeorada pola conflictividade bélica da coroa española, afecta a tódolos aspectos da vida cotiá, incluíndo tamén todo o relacionado coa igrexa. Se a esto lle engadimos que as ideas da Ilustración se decantan pola ciencia antes que pola fe, non é de estranar o panorama nada alentador que nos describe o visitador. Contaba a vila con 251 veciños e 757 almas de confesión e comunión (falta a poboación infantil ata os sete anos). Había catro clérigos, sendo D. Francisco Xavier Domínguez Medinilla o rector da parroquia correspondéndolle os dereitos de estola e oblata establecidos en 15 quartos por veciño en Cee e medio ferrado de millo nas aldeas, xa que o resto dos froitos a percibir, básicamente o décimo, ía directamente para o Arcediago de Trastamara. As contabilidades dos bens da igrexa (fábrica) e da principal confraría (Ánimas) levaban varios anos sin ser realizadas, a pesar da importancia que tiñan no funcionamento da vila e na cohesión dos propios veciños. Para comprender mellor a súa importancia diremos que a fábrica da igrexa da Xunqueira tiña de renta anual máis de 116 ferrados de trigo ademáis de ingresos en cartos procedentes de censos, foros e sepulturas. O alcance do ano 1787 achegábase ós 7.400 reais. Pola súa parte, a Confraría de Ánimas tiña unha renta anual aínda superior con 144 ferrados de trigo, 23.5 de centeo, 12.5 de millo, preto de 300 reais en metálico, así como as cotas dos cofrades por entradas e caridades. Con todo, o seu gasto anual para sufragar os enterros e misas era moi elevado tamén e así o alcance líquido da mesma, no ano 1784, non chegaba ós 1.600 reais. Das outras confrarías cóntase que o gremio do mar sostiña as do Rosario, San Antonio, Santa Lucía e o Divino Spiritu Santo aportando un milleiro de sardiña ó ano para cada unha pero que facía nove anos que deixaran de facelo co conseguinte esmorecemento das mesmas. Polo mesmo camiño vai a confraría de San Roque, que se mantén das esmolas con bastantes dificultades e cun alcance líquido de preto de 650 reais nas últimas contas tomadas no ano 1782.
Se xa é salientable o feito de que se leven anos sen realizar as contas ou que as confrarías estén a desaparecer, non o é menos o estado no que se atopan algúns edificios relixiosos da vila, incluíndo á propia parroquial:
- >Allo su merced al lado del Evangelio de la Yglesia una Capilla con titulo y advocacion de San Juan Baptista, y tanvien el de la Trinidad, con cierto numero de misas de fundacion, que el Cura Vicario asienta estaren cumplidas, y manda se cubra la piedra de ara de su altar, por no estarlo, y lo mismo se execute con las mas de los mas altares que padecen el mismo defecto, lo que encarga a dicho Cura Vicario. Por quanto en la ultima y anterior visita se mando demolar y arrasar un formal de paredes de una ermita que se alla en terminos de esta villa, y se dice que de antiguo fue avida de parroquia (San Paio de Refoxos), que en el cuio se hiciese un cerco con cruz en medio, que denotase aver sido lugar sagrado, y mas alli prevenido sin aver tenido el menor efecto, manda su merced que dicho Cura Vicario cumpla y haga cumplir sobre este particular con lo mandado en dicha visita, y lo mismo execute en orden a la Capilla advocacion de la Santa Cruz en que se padecio la misma omision y negligencia, sin dar motivo ni ocasión a una seria providencia, a que sus antecesores por ello se hicieron acreedores.
Reconocio en la Yglesia que su techo y faiado se alla mui deteriorado, faltoso de texa y considerable partida de tablas y pontones del faiado, sobre el que se halla el texado, pudridas, de mui poco servicio, con evidente peligro de su ruina, por lo que previene y manda su merced que con la maior puntualidad se cuide de su remedio en toda la parte en que se reconozca el motivado peligro y ruina, lo mismo que se entienda con el techo de la sacristia, y todos los mas que componen el cuerpo de la Yglesia y su Capilla Maior. Tambien reconocio que el presviterio del Altar Maior de dicha Yglesia se halla de una excesiva altura, sostenido de cinco escaleras mui presipitadas, y que su pavimento es de mui reducida estençion, por que no pueden acomodarse sin peligro los sacerdotes que asisten a oficiar las misas que se celebran con dalmaticas sin algun riesgo, y que por la mencionada altura, quando suben las mugeres al comulgatorio para recivir su Divina Magestad, causa vastante indecencia, y aun pueden ocurrir, por lo mismo, alguna ruina espiritual, y providenciando en ello del posible medio previene y manda su merced que el Cura Vicario, acompañado de la Justicia y algunos vecinos de los mas avonados, llamen un maestro facultativo para que reconocido todo ello se de arvitrio, y disponga la revaxa de dichas escaleras y amplitud del presviterio en la forma que se alle y parezca mas conveniente y de menos coste, todo ello con quenta y razon de lo que se execute, y a quenta de los caudales de la Fabrica y mas Cofradias. Manda, asimismo, se allanen las çepulturas, redifiquen y reenplasen las ronpidas, se de blanco a la Yglesia por adentro y por afuera se le de cal y cinte su canteria.
Como dato curioso desta Visita tamén podemos sinalar que en 1789 a fábrica da igrexa aforou unha casa próxima á parroquial ó tío de Fernando, D. Bartolomé Blanco. Era unha casa grande na que antigamente habitaran os arcediagos e posteriormente os párrocos da vila. Na reconstrucción da mesma o propio Bartolomé investira preto de 400 reais no ano 1784 cando fora maiorodomo da fábrica parroquial. Desde 1790 pagará de arrendamento anual pola desfrute da mesma 272,12 reais, o que da unha idea da categoría da casa (no século XVII a renta era de 27 reais ó ano e no XVIII, antes da reforma, de 50 reais).
Tamén se contemplan na Visita unha serie de mandatos destinados a solemnizar o culto e tamén sobre o comportamento que deben ter os curas, tanto na súa vida cotiá como nas propias celebracións relixiosas. Así, a lámpara do Santísimo Sacramento debe estar encendida día e noite, nas ceremonias relixiosas oficiarase alomenos con dúas velas que costearán a fábrica e no seu defecto as confrarías e que os clérigos da vila no entren en tavernas a comer, bever, ni xugar en ellas, y en la Yglesia sin alzaquello, sotana, o rropa talar, asistir ni oficiar funciones sin lo referido, sobrepelliz y bonete…
O asunto do estado da igrexa seguiu dando que falar nos anos seguintes e así en 14 de setembro de 1797 os veciños de Cee remiten unha carta ó apoderado do arcediago de Trastamara, D. Pedro Vicente Rosende, na que amosan a súa preocupación polo estado deplorable da igrexa parroquial ó tempo que piden a súa colaboración no 50% do custe das obras (pretenden ampliala e facela de nova planta) correndo coa outra metade do importe D. Manuel de las Riveras, D. Pablo Pérez Canosa, D. Joaquín Basante e algún otro vecino pudiente. Nun primeiro momento, o arcediago evita un compromiso firme pero aínda así solicita informes para coñecer a situación e así en 7 de decembro dese ano recibe a confirmación de man do cura de Duio: “…el artesonado o techo del cuerpo de la Ygla. padece ruína, a excepcion de que las paredes estan subsistentes y que el animo de los vecinos es que se de mas ensanche a la Ygla y hallo que es indispensable…que un maestro facultatibo pase al reconocimiento de dicha Ygla, y regule lo que tendra de coste, haciendose de boveda, o poniendole nuevo techo”… O arcediago, D. Patricio Martínez de Bustos, pregunta sí habería máis persoas que puidesen contribuír sendo a resposta do seu administrador negativa xa que o produto dos décimos é cobrado enteiramente polo propio arcediago. Nese mesmo ano tamén tivo lugar un pleito entre os veciños e o arcediago polo pago das rentas xa que os veciños pretendían pagala en valores e non en especie como estaba estipulado nos foros.
Estes novos datos non fan máis que confirmar o exposto ata o de agora dentro do contexto de crise finisecular do que non se salva nin siquera a institución máis poderosa da época como era a propia Igrexa.
Finalmente, a reforma da igrexa parroquial non tería lugar, ó marxe dos pequenos arranxos que se soían facer cada certo tempo. Este feito axuda a explicar o estado ruinoso no que quedou a igrexa tralo incendio realizado polas tropas francesas en abril de 1809.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema con Darío Areas.
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos
A gran crise europea
- Unha gran crise europea (1709-1711): as orixes da nosa emigración.
- Unha gran crise europea (1709-1711) con repercusións tamén na Costa.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).