As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos IV: a reconstrucción da igrexa da Xunqueira
Nas contas correspondentes a 1809 quedan reflectido o gasto de ciento sesenta y cinco reales consumidos en dar de bever a algunos travajadores que limpiaron la Yglesia de los escombros de la quema, que no han llevado jornal, a varios carpinteros que en ella han travajado en aderezar provisionalmente el Altar Mayor para celebrar, un atril para el, cubrir y reparar la pila bautismal, que tampoco quisieron jornales, ad extra de aquellos que por el contrario lo han exigido, hacer una mesa para depositar los difuntos, pie para una cruz parroquial que se trajo prestada de la de Ameijenda, y otros reparos provisionales para poderse oficiar en dicha Yglesia. O propio párroco aboará ciento treinta y nuebe reales por jornales de carpinteros, quatro canteros y un peon que retejaron la Yglesia Parroquial, mozas que traxeron la texa de Brens y ayudaron a limpiar la misma Yglesia.
Estamos a falar de arranxos de emerxencia para facer da igrexa un lugar mínimamente axeitado para o culto pero as obras de reconstrucción da mesma prolongaríanse varios anos xa que os gastos ós que se tivo que facer frente foron considerables. Para elo toda axuda era pouca, polo que se tentou buscar as máximas vías de financiamento. Por unha parte, a fábrica parroquial procurou, mediante reclamacións xudiciais, o cobro de rentas pendentes e que desde facía anos non se cobraban, conseguindo resultados positivos nalgun caso como o do foro sobre a metade do agro de la Iglesia que os heredeiros de Leonardo Pérez Porrúa levaban sen pagar desde 1792. Por outra parte, recurriuse ós arbitrios ou impostos que se cobraban directamente na vila, percibindo do arrendatario do ramo da augardente máis de 1750 reais. E, finalmente, houbo que empregar 3000 reais, que foran doados antes da invasión, para a compra en Madrid, e feitura, en Santiago, dun manto de medio tisú para a Virxe da Xunqueira.
Deles, 1.000 reais foran aportados polo gremio de matriculados da vila, outros 1.000 por D. Pedro de Castro, e os restantes, xunto con 500 máis para o manto da Virxe das Dores, por D. Ignacio de Puente, agora residente en Madrid e natural do lugar do Son. Varios miles de reais se gastaron en 1810 para cubrir a igrexa, preparar o altar, facer confesionarios, enlousar e outras obras menores. Sen dúbida, o máis urxente era a cuberta e para elo cortouse madeira de carballo dun terreno comunal na dehesa da Fuente Santa. Para elo tiveronse que conseguir as pertinentes autorizacións tendo que realizar diferentes trámites nas cidades de A Coruña e Ferrol, así como a aprobación do xuiz de Moraime. Intentando aproveitar o máximo partido a esta corta, os cascotes que non se podían empregar foron vendidos en 518 reais e levados por mar á vila de Noia. Outras reformas levadas a cabo na igrexa fixeronse con madeira de castaño, especialmente as vigas, e piñeiro, empregada para as portas ou para a realización do Monumento da Semana Santa, que tivo de coste máis de 500 reais, segundo a contabilidade do ano 1812.
No ano anterior, salientar pola súa contía o gasto no terno de gala para as funcións principais da igrexa e que, comprado en Santiago, tivo de importe 3.100 reais. Ademáis das aportacións da fábrica parroquial e da Confraría de Ánimas, que aportou unha terceira parte dos gastos da cuberta da igrexa, hai que deixar constancia dunha serie de donativos, chegando algúns deles de persoas da comarca do Barbanza, que de seguro tiñan algunha relación familiar ou de anterior veciñanza coa nosa vila. As relacions comerciais e sociais entre a vila de Cee e as de Noia e, sobre todo Muros, son unha constante desde finais da Baixa Idade Media. Así, Dona Teresa Malbares, de Muros, doa a imaxe de San Sebastián e o párroco de Noia, D. Sebastián Rodríguez Blanco, xunto co concello noiés, entregan a custodia para o altar maior. Na vila de Cee, teñen que ser lembrados o matrimonio formado por D. Pedro Antonio Díaz Porrúa, que doa a Virxe da Xunqueira mercada en Santiago no 1812 así como 1.000 reais ó seu falecemento para axuda do altar maior, e a súa dona Inocencia González de Lema, que fará o propio coa Virxe das Dores. Outras imaxes doadas foron a da Virxe dos Remedios (D. Juan Antonio Sánchez Porrua), San Xoán Bautista (Dna. María Antonia Rodríguez, viúva de D. Juan Caamaño), o Ecce Homo (D. Clemente Caamaño Rioboo), D. Ramón Vaamonde dá a furna na que se expón o Santísimo, D. José Lopez paga o dorado dalgunhas xoias da virxe da Xunqueira, mentras que o gremio de matriculados costea o copón e o viril e D. Manuel Rodríguez Maian, xunto coa tripulación do seu bergantín, doan a cruz parroquial de bronce.
Non podemos esquecernos do señor da vila, o arcediago de Trastamara, que a través do seu apoderado entrega dúas casullas cos seus complementos, así como o incensario e unha gabeta, e do arcebispo de Santiago, D. Rafael Muzquiz, que fai doazón doutras dúas casullas. Tamén o cura párroco e o notario adiantan cartos para facer frente ás necesidades máis básicas. No caso deste último aínda quince despois a fábrica parroquial debíalle máis de 1.200 reais, dos que condonará algo máis de 300 por devoción a Virxe da Xunqueira despois de pedirlle axuda nun intre de enfermidade que lle fixo temer pola súa vida:
- “Don Fernando Nicolas Fernandez, Escribano de Numero, de Guerra, de Marina de esta villa, resulto ser este acreedor contra la Obra y Fabrica de la Yglesia Parroquial de la misma, la cantidad de un mil trescientos sesenta y seite reales de vellon En 21 de marzo de este año de 1824 me acometio un dolor de costado por que estube muy enfermo y de peligro, proximo a la muerte, confesado y sacramentado, en cuio aflicto, por la gran devocion que siempre tube a Nuestra Señora de la Junquera, Patrona tutelar de esta villa, y a su Yglesia Parroquial, le ofreci un donativo regular a mis facultades, implorando su auxilio en esta necesidad, y como al cabo de cerca de dos meses me librase y mejorase, desde luego le doy y señalo por dicho donativo trescientos diez y nuebe reales para menesteres de su Yglesia por una vez, que revajados de los un mil doscientos un reales, me resta deviendo la Iglesia la cantidad de ochocientos ochenta y dos reales de vellon. Çe, 6 de mayo de 1824”.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema con Darío Areas.
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (I).
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (II): a situación xeral da vila de Cee (1796-1809).
- As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (III): a igrexa da Xunqueira trala invasión.
A gran crise europea
- Unha gran crise europea (1709-1711): as orixes da nosa emigración.
- Unha gran crise europea (1709-1711) con repercusións tamén na Costa.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).