As tres palabras que perderon os emigrantes
11:19 07/01/11
Dona Diáspora comezou o novo ano polas rúas de Avellaneda. Quixo aproveitar a mañá na capital arxentina antes de que as fortes temperaturas lle abafen o seu paseo pola avenida Mitre ata a sede social de “Independiente” que naceu xustamente neste primeiro día de xaneiro de 1906. Os famosos vermellos naceron ao mesmo tempo que ao seu redor se ían abeirando centos de ilusións galegas. O equipo de fútbol fai que os recén chegados sexan un activo corazón máis no novo país. Aquí na beira sur riopratense desapareceron as friaxes e as familias axiña puideron quecer os ósos e o espírito despois de longos invernos sen horizonte do progreso.
Dona Diáspora vai ata praza principal para sentarse preto do cruceiro enviado pola Xunta e mirar a fronte dun fermoso edificio de tres andares que simboliza o triunfo dos nosos emigrantes. O Centro Galego de Avellaneda é o máis antigo do país xa que naceu un 22 de outubro de 1899. O solar no que se edificou a sede social foi mercado un ano antes do nacemento do clube de fútbol. Aínda recorda perfectamente a festa de inauguración en xaneiro de 1927 xa que naquela celebración foi cando escoitou falar dun baile e dunha música que non coñecía. Foi moi ben informada sobre o tango xa que estivo falando con Manuel Andrés Meaños, un fillo da emigración que daquela era un mozo de 25 anos e estaba a piques de rematar a letra do tango “La Reja” que logo no ano 1928 foi gravado polo xenial intérprete uruguaio de Tacuarembó, Carlos Gardel.
Naquela praza tivo tempo para reflexionar sobre a incomprensión, a ingratitude e a demagoxia barata dos partidos políticos españois arredor dos emigrantes. Quixera ter ao seu carón aos parlamentarios autonómicos e estatais coa súa vista dirixida ao edificio do Centro Galego. Está convencida de que a maioría dos parlamentarios son xente de fiar. Cre que se visen cos seus ollos o éxito dun pobo non terían a ousadía de menosprezar aos milleiros de corazóns galegos na diáspora. Os maiores albaneis de futuro foron aquelas familias de Avellaneda que se asociaron para que estivese sempre aceso un lume no que sandar o corpo e a alma por medio dos servizos culturais e sanitarios.
Antes de achegarse ao aeroporto de Ezeiza para viaxar ata Londres onde ten un compromiso patriótico con Francisco Alvedro López que é o delegado na capital británica da asociación “Alba de Groria” colleu unha folliña na que escribiu tres palabras que desapareceron do vocabulario dos emigrantes: identidade, irmandade e integración. O roteiro solidario da diáspora galega básease nestas tres palabras. Un exemplo pode explicar mellor: Imos con Pepe que emigra. Cando chega ao seu destino xúntase con Paco e María que son da mesma parroquia e xuntos empurran no seo dunha entidade social na que falan das súas cousas. Os tres están perfectamente integrados na nova sociedade pero ningún deles esquece onde está a auga máis fresca do mundo.
Pepe, Paco e María estaban esperanzados agardando que a recuperación da vida democrática mellorase as relacións coa vella terra. O que recibiron foron tres paus no lombo que lles fixeron esquecer o significado da identidade, da irmandade e da integración. Se nos tempos escuros foron firmes defensores dunha nova Galicia contra vento e marea agora cando as augas están mornas perden as tres palabras que lle deron certo sentido ao seu forzado desprazamento. Un grupiño de deputados representantes de si mesmos xa que non da vontade popular deciden que no Congreso dos Deputados fai falla combatir a crise mediante a recuperación dun antigo oficio en vías de desaparición. Así é que nace a Asociación dos Capadores de Dereitos no Exterior. A acta fundacional foi asinada polos dous grandes partidos políticos españois e índa que pareza incríble reciben peticións de ingreso de outros grupos parlamentarios que non queren quedar fóra dunha futura saída laboral cando se lles acabe o choio.
Dona Diáspora está moi afectada. Dóelle que os lexisladores do PSOE e do PP que non atopan consenso para resolver os grandes problemas estean de acordo en capar o voto dos emigrantes. Case parece unha comedia se non fose unha traxedia escrita por dramaturgos sen currículo que actúan en contra dos intereses xerais da cidadanía. O que necesitamos con urxencia, diante deste gran bache no camiño é unha saída que será máis rápida se contamos coa forza anímica, espiritual, económica e sentimental dos irmáns que residen lonxe da súa aldea. Non debemos de esquecer que os únicos que fixeron trapalladas co voto foron os partidos políticos. Eles son os responsables das irregularidades. Alguén contratou e pagou aos axentes electorais e non parece que Harry Potter tivese tempo libre para meigallos máxicos nos servizos de correo dos países con maior número de censados.
Onde foron parar a identidade, a irmandade e a integración? Está sen confirmar pero poida que as tres palabras capadas do vocabulario dos nosos emigrantes foron acubillarse nos corazóns dos inmigrantes que buscan unha lareira en Europa. Os nosos parlamentarios en Madrid descoñecen que as palabras ameazadas ou prohibidas sempre resucitan cando hai quen as necesita. Os que petan na vella porta europea recibirán un fermoso agasallo dos galegos das mil singraduras. Cada home e muller que se estableza ao noso carón será un compañeiro de loita que deberá repetir o itinerario diaspórico comezado polos fillos de Rosalía de Castro hai más de 150 anos. O éxito está asegurado para aqueles que non perdan a súa identidade e que se xunten en irmandade. A integración en harmonía irá abrindo as cancelas mentais daqueles que non queren que entre o anovador aire do sur.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .