Atril de Altar
09:30 07/03/12
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Atril de Altar

- Autor: Pratería Meneses (Madrid)
- Cronoloxía: 1887
- Clasificación: Obxectos relixiosos / Sección: Ourivería
Descrición
O atril é un soporte para textos, chamándose facístol cando é de grandes dimensións e ten catro caras que xiran sobre un pé elevado. Nas igrexas cristiás ven usándose dende as primeiras basílicas, pero non se conservan apenas exemplares anteriores ó século XV. Os antigos atriles presentan a miúdo a forma dunhas parrillas, descansando sobre o dorso dunha aguia ou outra figura equivalente. O uso dos atriles sobre o altar empezou a finais do século XIV, pois antes desa data sostíñase o misal sobre unha almofadiña, máis ou menos adornada, que axudaba a protexer as cubertas de prata ou marfil con que estaban encadernados os misais. Ata o século IX exercían esta función as mans dos acólitos. Na actualidade os atriles son fabricados nos máis diversos materiais. Un atril, hoxe en día, podémolo atopar regulable en altura e inclinación, para poder ler con máis comodidade os textos colocados nél. Ademáis do seu uso habitual en liturxias, son empregados en todo tipo de eventos, tanto políticos, deportivos, musicais, conferencias, e en todo lugar que requira dunha presentación ou charla por parte dun orador ou locutor. O atril da Fundación foi mercada no ano 1887 para a capela do Instituto da Fundación, capela na que repousan os restos de Fernando Blanco de Lema. Presenta unha profusa decoración vexetal e xeométrica, xunto coas iniciais “JHS” (Xesucristo) no centro do mesmo.O autor


- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).