sábado. 10.05.2025
El tiempo
16:10
30/12/10

Casi un 10% de vergoña

Casi un 10% de vergoña
O goberno anuncia que van subir as tarifas eléctricas casi un 10%. Tal e como está o país, me parece que aos socialistas estáselles a apagar a luz pouco a pouco. A noticia afecta, evidentemente, a todo bicho vivinte no Estado Español. Pero o peor de todo é o que supón para Galiza. Galiza, o córner da península. Un territorio onde enchemos os nosos ríos de encoros que afectan de xeito brutal ao medio ambiente. Un país onde inzamos a paisaxe de muíños de vento. Os galegos tivemos que cambiar o chip. Cada vez que subimos a un monte a gozar das vistas, ollamos para os viraventos coma se fosen penedos, toxos ou calquera outro elemento natural. Ë un mecanismo de defensa pra non sentirnos feridos. Precisamos crer que iso o puxo aí a natureza e non a cobiza humana, para poder desfrutar de lugares coma Paxareiras ou calquera outro recuncho do país, porque o raro é atopar un lugar que non estea crucificado pola súa presenza. Asumimos a existenza dese inventos, pola necesidade da produción eléctrica para soster o mundo no que vivimos. Pero o que xa non nos cabe na cabeza é que como principais productores de enerxía, paguemos o mesmo polo quilovatio ca calquera habitante doutros lugares do Estado onde non soportan os prexuizos da existencia de encoros e viraventos. Volvo ao eterno exemplo: alguén imaxina que en Arabia Saudí, Venezuela ou Qatar, pagasen o litro de gasolina a 1,3 €?. Todos respostamos convencidos que non. O feito de ser países da OPEP orixina que coma productores, desfruten do escaso ben cun prezo máis asequible. Pero en Galiza non. Os galegos coma “bos e xenerosos” estamos obrigados a regalar todo aquelo que nos pode sacar da mediocridade económica. Así, cando se fala de sequías, hai que apunta q que se podería levar auga gratuitamente deste país a outros lugares máis necesitados. Así facemos tábula rasa co tema da electricidade. Porque o colonialismo continúa vivo e os nosos petos, cada día, un pouco máis mortos. E mentres, eu pregunto… alguén sabe por onde anda a esquerda??.
  • Fran Hermida (franhermida@quepasanacosta.gal).

Máis información

Entrevista con Fran Hermida

Outros artigos Sen xeito

Comentarios