sábado. 10.05.2025
El tiempo
23:49
21/12/10

Conclusións da TDT e da TDT ¿HD?

Conclusións da TDT e da TDT ¿HD?

Xa pasaron 7 meses dende o apagón analóxico, e a TDT, por fin, está consolidada en todo o territorio Español. ¿Balance?, non moi positivo.. de feito nefasto…

  • Multiplicación de canles
  • Saturación de oferta de entretenemento / telebasura
  • Burbuxa de información ultraconservadora
  • Mala calidade das emisións
  • Maior proliferación de timo-concursos

Vese que a concesión das novas licenzas, unha vez mais, moveuse por intereses (como todo nesta vida, por desgraza) e en vez de respetar unha estructura variada e de gran oferta nos encontramos que, salvo 1 ou 2 canles, parece que estamos a ver a mesma canle de TV.

Normal tamén nun país onde a canle lider de audiencia é unha canle que vive dos cotilleos, os reality basura e as persoaxes estrafalarias (si, refirome a Telecinco), e que as boas canles como La 2 non triunfan a pesar do contido divulgativo e variado que ofrecen; todo o contrario que pasa nas canles da BBC de Gran Bretaña de contido similar.

Pero bueno.. quitando de lado os contidos.. que mellor nin falar de eles; o aspecto técnico, unha vez mais (que raro..) segue sendo penoso… Por un lado, na nosa querida costa aínda non temos os Gapfillers cos recursos necesarios para reemitir as novas frecuencias da TDT; que nos traen entre outras canles a MTV, Nitro ou TVE HD. Tan só as vilas cercanas os emisores (como o caso de Cee) teñen xa acceso a elas.

Pero o máis mosqueante de todo isto, é a calidade das emisións, contan coa resolución correcta (solo faltaría) pero comprimidas hasta extremos inimaxinables e vergoñentos; intentando aprobeitar todo o espazo posible para saturar todo o que se poidan as frecuencias (pensan que mais canles = mais cartos), en vez de ofrecer o espectador unha imaxe nítida, con pouca compresión, e que xustifique o desembolso de cartos en pantallas de 42” e 50”.

E este asunto xa era sabido nas emisións dos primeiros canais da TDT, pero chega a clamar ó ceo cando se analizan os bitrates das canles, malchamadas “HD”.

Por un lado temos a Canal+ HD e TVE HD, que son os únicos que merecen chamarse HD:

  • Canal + HD emite a un bitrate variable de 14-18 megas/seg.
  • TVE HD emite a un bitrate variable de 8-10 megas/seg.

Ahora miremos os bitrates das canles privadas:

  • TeleCinco HD emite con un bitrate de 4 megas/seg.
  • LaSexta HD tamén emite con un bitrate de 4 megas/seg.

É mais que notable a diferencia entre unhas canles e outras, chegando as primeiras a máis do doble de información que as segundas; pero cando de verdad quedas de pedra é cando miras o bitrate das canles normais da TDT, e resulta que por exemplo, Telecinco e La Sexta emiten a un bitrate de ¡¡4 megas/seg!!, ó mismo bitrate que os seus canais HD, ¿cómo se pode explicar iso tendo unha canle HD máis do doble de resolución que unha canle normal?

Simplemente non se pode explicar, menos mal que existe internet; e si a denominada “Ley Sinde” enmarcada dentro das novas Leis de Economía Sostible non sae adiante, como así sucedía onte, poderemos seguir sendo donos do que queremos, ou non queremos ver; e na calidade que o queramos ver. Pero de esto, xa falarei na vindeira ocasión...

  • Mario Rodríguez Gómez. mariorodiguez@quepasanacosta.gal).

Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía

Novas relacionadas

Comentarios