Dimisión
E agora que? Despois dunha semana de escoitar a xente falando dunha cifra da que a maioría prácticamente non sabe nada, os medios a nivel nacional e internacional se prantexan unha acción que podería afectar de tal xeito ás nosas vidas que, creo, a maioría tampouco son realmente conscientes do desastre cara o que nos diriximos como país, sen freos e a toda velocidade.
A Prima de risco é un indicador. Dille o resto de países ata que punto España vai devolver os cartos que pide a outros bancos nacionais ou internacionais. Canto máis alta, máis risco de non devolver eses cartos e, polo tanto, maior interese nos cobran polo que pedimos. O límite está en que coa prima nos 500 puntos ninguén (ou case ninguén) prestará cartos a un interese que se poda asumir (con tipos do 5 ou 6 por cento como máximo). Coa prima en 540 (como está mesma mañá) a cousa ponse directamente peliaguda.
Pero, por qué? A que se debe todo isto? Esta é a clave do asunto e se pode explicar de xeito sinxelo porque o engano, o calote, radica na base de todo este conto. Repetide comigo: “A débeda da banca non é asunto meu”. Iso é. Así de simple.
Ningún economista con sentido común (é dicir, ningún do PP ou do PSOE) vai confesar en público nunca cales son as razóns obxectivas que fan preciso inxectar milleiros de millóns de carto público na banca española. Porque non as hai. O caso Bankia, o máis coñecido e publicado servirá coma exemplo. Ao loro.
Un señor (R.Rato) perde, nunha serie de pésimas decisións, 30.000 millóns de euros en operacións varias cando dirixe un banco, Bankia. En realidade a débeda vén de antes pero este e outros directivos adícanse dende 2009 a esconder, disimular, maquillar esa débeda para que ninguén o saiba chegando, no colmo da estupidez, a declarar beneficios ata o pasado ano. Así de heavy.
Na súa fuxida cara adiante ningún dos organismos que vixían estas cousas (CNMV, Banco de España, etc) detecta cousa ningunha, ou, se a detecta, cala.
Así as cousas a pregunta é sinxela, E a min, que? Bankia é una entidade privada, que traballa con cartos de particulares e empresas privadas e deses 30.000 millóns, cando foron beneficios e Bankia eran CajaMadrid e Bancaja a min non me tocaron nin media. Por que agora debería pagar eu/ti/nos/vos un peso do noso peto para salvar a estas entidades?... Aí esta o quid amigos. Non debería.
Qué pasa si a banca española cae? A min nada, como teño dito, nin a case ninguén que coñeza. Os depósitos están cubertos por un sistema (máis lle vale a Rajoy e compañía que sexa así) que se encarga de devolver os aforradores os cartos en caso de quebra así que, por que?.
A posibilidade dun “rescate” nos termos dos sufridos por Grecia, Portugal ou Irlanda resulta aterradora. Non temos nin idea de como pode ser de bestial para a poboación esta especie de posesión demoniaca, na que o país perde calquera tipo de soberanía económica. Acabouse a xubilación ós 67, acabouse cobrar a pensión como ata o de agora, acabouse o funcionariado como tal, acabouse a educación e sanidade públicas. Fin. E eu non estou pola labor.
Creo que debería poder dimitir. Si, dimitir coma cidadán, como habitante destas terras sometido ao ditado dunha banda de ineptos. Eu non teño porque pagar co meu esforzó as debedas de políticos e banqueiros (a mesma cousa é). Eu non estou pola labor e por iso busco e medito en que sistema debería existir para que eu, simplemente, puidera dimitir. Porque, se non teño cobertura médica, educación para os fillos, infraestruturas e medios públicos pagados polos meus impostos, de que me sirve todo este conto? Vale a pena seguir sós, sen axuda, sabendo que se vivimos ou morremos e só pola nosa culpa, e non porque a un multimillonario dirixente dunha organización pseudo-fascista coma o FMI lle dá a neura de dicir que “vivimos demasiados anos”. Se debo sufrir que sexa pola miña incapacidade non pola dos demais.
Eu dimito. Non preciso que me rescate ninguén.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Verdades
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.