Dona Diáspora busca traballo en Montevideo
10:49 05/10/11
- “Cuando hablo de mi patria yo prefiero decir paisito”.
Mario Benedetti.
A nosa vella avoa emigrante quere botar unha man no “Departamento 20” da República Oriental do Uruguai. Se Galicia ten a súa quinta provincia fóra tamén os uruguaios engaden un vixésimo departamento no exterior. Aínda que os anos pasan aínda garda folgos físicos e espirituais para colaborar no melloramento da vida dos cidadáns que residen lonxe do “paisito”. Sendo unha boa coñecedora das singraduras galegas non quere que sexa desaproveitado o legado emocional de máis dun século abrindo sulcos solidarios ao abeiro dos ombús da terra de Artigas. Cre que debe ofrecer os seus servizos ao goberno uruguaio porque dentro da longa historia da emigración galega inclúese un capítulo moi importante que comeza no peirao do porto de Montevideo. Os que desembarcaron na capital uruguaia eran albaneis de futuro. O seu pasado de rexos membros da antiga etnia erguedora de antas facíaos buscar un currunco onde aquelar o berce dos fillos que ían nacer lonxe da lareira parroquial. Poida que o empedrado de lastros do porto montevideano fose máxico xa que despois de pousar alí os pés producíase en cada viaxeiro unha moi rápida transformación. Os que antes só falaban de vacas e leiras de millo agora comentan aspectos dos seus oficios de camareiros, carniceiros, condutores de ómnibus ou panadeiros. Poida que fose o mate ou o sol da bandeira do novo país que alumea con forza os que fixeron desaparecer as brétemas. Non esquecen que os seus mortos quedaron do outro lado do mar pero é tempo de pensar nos que seguirán no rego ou “en la huella” dentro de 50 anos. A mentalidade de pequenos propietarios dos recén chegados foi paseniñamente entrando no corazón dos uruguaios que se foron contaxiando da sensibilidade atlántica dun grupo humano pouco amigo de rir ou de apaixoarse por calquera tontería. Os responsables do “Departamento 20” teñen moita tarefa por diante. A súa reflexión levará a que se lexisle para o establecemento dunha política oficial de Emigración e Retorno. A xeito de suxestión vai a seguido uns temas orientativos para considerar:- A) Unha lei da Cidadanía Uruguaia no Exterior. Trátase da aprobación en sede parlamentaria do Estatuto dos Uruguaios no Exterior no que se establece a normativa aplicable ao fenómeno migratoriao [dereitos, censo electoral e retorno];
- B) A creación da Federación de Centros Uruguaios no Mundo. Será a entidade coordinadora de todas as entidades que obteñan o recoñecemento oficial. Soamente recibirán axudas e subvencións as que cumplan cuns requisitos básicos de funcionamento [democracia interna]. Os centros son destinatarios privilexiados da acción exterior.
- C) Posta en funcionamento do “Centro Cultural Exterior José Artigas”. Un instituto para a difusión da cultura uruguaia no exterior. Comparten competencias os ministerios de Relacións Exteriores e de Educación. Aquí é onde se organizarán os cursos de Historia, Xeografía e Literatura. Con especial énfase nos ciclos específicos: O carnaval, o tango, o candombe, as murgas e o fútbol. Unha exposición posible: “De José Artigas a José Mujica. Doscientos años de historia uruguaya”.
- D) Os empresarios no exterior. Crear una Asociación Mundial para que axuden desde o país no que residen ao fomento do coñecemento de produtos do país. No aspecto turístico a súa misión principal será a organización de mostras e exposicións sobre as diferentes ofertas do Uruguai. Hai que divulgar a ampla riqueza natural [cerros, ríos, praias, termas] e a riqueza patrimonial [por exemplo, un roteiro polas fortalezas coloniais desde o Cerro montevideano ata as rochenses de Santa Teresa e San Miguel].
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .