luns. 22.06.2026
El tiempo

A promoción do CPR Manuela Rial di adeus a 9 anos no centro

 

 

 

GRADUACIÓN 4º ESO CEI Manuela Rial
A promoción do CPR Manuela Rial di adeus a 9 anos no centro

O CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, celebrou este pasado venes o acto de graduación do alumnado de 4º da ESO, unha xornada moi especial e emotiva. Para a maioría dos estudantes, este acto puxo o broche final a unha etapa iniciada cando apenas tiñan 3 anos e comezaron a súa andaina no Centro.

O acto serviu tamén para recoñecer o esforzo e a excelencia. Entregouse o premio ao mellor expediente académico da ESO a Alexia Freire Lozano, alumna que tamén obtivo unha beca da Fundación Amancio Ortega para cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o próximo curso escolar. Dous logros que supoñen un importante recoñecemento ao seu traballo, dedicación e talento.

Comentarios