Dona Diáspora en Baíñas
Dona Diáspora leva máis dun século despedindo o ano na compaña da súa prehistórica amiga Pedra da Arca. Adoita achegarse por Baíñas uns días antes do 31 de decembro ata a verdecente leira vimiancesa onde ten o seu acubillo a anta más xenerosa da Terra de Soneira. A megalítica filósofa garda no seu pétreo corazón unha chea de reflexións e bos consellos para as moitas dúbidas dunha alma emigrante.
- Boas, miña benquerida amiga. Aquí me tes un ano máis. Veño coma sempre para aproveitarme da túa amistade e sabiduría. Xa me coñeces. Sigo sendo unha grande ignorante que non aprendeu nada e que vai indo de fracaso en derrota. Non teño ánimo ningún. O futuro volve escurecerse e cólleme sen batería e sen cobertura. Poida chegase o momento do retiro para ir quecer os meus vellos ósos ao sol na beira riopratense de Piriápolis. A crise acabou comigo e aos meus anos non estou disposta a matricularme nunha academia de idiomas para aprender a lingua alemá.
- Non estás sendo obxectiva, Diáspora. Ti que sempre fuches inmune ao pesimismo non es a responsable desta forte crise que empurra a nosa mellor mocidade a buscar traballo nas terras xermánicas. Coido estás facendo demasiado autocrítica porque ti no es unha fracasada. Non o digo para consolarte pero ao meu entender ti es unha gran triunfadora. Pensa e acouga un pouquiño mentras vai quentando a auga para o mate. O teu éxito ata pode ser contabilizado en euros ---agora é obrigatorio falar de cartos--- en comparanza con tres grandes estados europeos que promocionan a súa cultura no exterior. Sen recibir ningún salario e ti soa conseguiches o que aos alemáns [Goethe Institut], franceses [Alliance Française] e italianos [Società Dante Alighieri] lles custa centos de millóns.
- Agradezo a túa comprensión e solidariedade pero un gol nun partido non me fai gañadora do campionato. Estou envelenada de pesimismo diante neo-emigración e tamén pola coitelada recibida cando souben que o Centro Galego de Bos Aires está fóra do control dos seus lexítimos propietarios. A intervención xudicial da máis importante entidade galega da Arxentina déixame eivada e sen capacidade de reacción. É certo que a caixa dos cartos de Belgrano e Pasco quedou baldeira pero antes houbo unha crise ética que foi a responsable da actual desfeita na xestión económica. O asulagamento chegou cando comezaron a esvaecerse os principios de conduta que mantiveron durante máis de 100 anos unha moi sólida e rexa unidade entre a cultura e a sanidade.
- Sei que che doe moito o que pasou en Bos Aires. Estiveches moi implicada na defensa do fogar que acolleu a Alfonso R. Castelao e non podes aceptar que estea intervida por mor de sucesivos erros de xestión. De calquera xeito tes que entender que ti non podes cargar coa culpabilidade. Fixeches o que puideches. Quero facer fincapé en que hoxe, aquí e alá, os parámetros morais non son os mesmos de hai 50 anos. A sociedade foi cambiando e tamén as condutas sociais. Agora mesmo estáse a debater sobre os sistemas públicos de saúde nun confrontamento dialéctico entre o público e o privado. Supoño que en Bos Aires tamén afectaría ao Centro Galego o interese empresarial privado por obter a concesión dos servizos.
- Entendo que queiras consolarme pero non tendo un cargo político podo permitirme os berros e as protestas se considero que estamos a perder o noso rico patrimonio no exterior. Non podo calar se se confirman as sospeitas de que detrás da crise do Centro Galego está agochada unha empresa interesada en papar un doce caramelo a prezo de saldo. Antes da intervención sufrín moito cando lle petaban por enriba e por embaixo ao presidente Vello Pombo. Semellaba que na histórica esquina porteña confluían todas as forzas negativas en escuro conxuro para emporcar a limpa obra dos avós emigrantes. Mira, amiga, se o Centro Galego está en perigo é porque algo fixen mal e non me exime de responsabilidade o feito de traballar de balde. Non teño ánimo para seguir e ademais coas novas tecnoloxías non serei botada de menos xa que agora os emigrantes premen no seu ordenador e teñen ao seu dispor ampla información de todos os acontecementos da parroquia, concello e Xunta de Galicia.
- Non estou de acordo contigo. Non hai ordenador nin correo electrónico que poida substituír unha aperta túa en Berlín, Bos Aires, Caracas, Délemont, Montevideo ou Salvador de Baía. Dígoche sinceramente que necesitan da túa emotividade e máis aínda en Bos Aires porque saben que estás namorada do Río da Prata. É certo que as novas tecnoloxías axudan pero ti sabes ben que ningún “twitt” ou “whatsapp” pode dar amor. Pensa en todo o amor que tes espallado polo mundo desque emigrou o primeiro cidadán galego. Quero que o penses ben e que antes de apousentar no fermoso Piriápolis lle fagas unha visita ao novo secretario xeral de Emigración para desexarlle éxito no seu labor. Poida que o ourensán Rodríguez Miranda estea interesado en saber se tes rematada a investigación sobre o seu paisano tangueiro Joaquín Barreiro ou se estás disposta a botar unha man no “stop” definitivo aos remendiños. Ao mellor sorpréndete coa información de que está decidido a apostar forte pola unidade e a integración de ducias de asociacións emigrantres que están esmorecendo. Entón ---case podo asegurar--- que adiarás a baixa voluntaria na túa longa actividade sandadora de morriñas.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).