Venres. 26.04.2024
El tiempo
08:30
01/02/12

Harmonium Mustel

Harmonium Mustel

Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.

Harmonium Mustel

  • Fabricante: Victor Mustel (París).
  • Cronoloxía: 1887-1888.
  • Clasificación: Instrumentos musicais.

Descrición

Na memoria do curso 1887-1888 pode lerse:

  • “A fermosísima capela foi pintada e enriquecida con dous confesionarios, un púlpito, varios bancos reclinatorios e un órgano ou harmonium …”

O harmoniun da Fundación está formado por un armazón macizo en caoba; estructura da caixa sonora en madeira de faia; teclado móbil axustable, con teclas de marfil; entrepanos con paneis revestidos de téxtil; e apliques metálicos en latón. As súas medidas son: 132 cm (ancho); 103 cm (alto); 70 cm (fondo).

O harmonium ou armonio é un instrumento de vento, con teclado, en apariencia similar ó organo alemán, pero sin tubos, e de moito menor tamaño. Aínda que orixinalmente foi concebido coma un instrumento doméstico, ó igual que o piano, o harmonium impúxose axiña en moitos templos relixiosos, posto que o seu tamaño e o seu prezo eran inferiores ósta dos órganos.

Podemos calsificalo coma un instrumento de vento de lengüeta libre (o mesmo método de producción de son que utilizan o acordeón e a armónica). Conta cun teclado que controla, mediante válvulas, o paso do aire por unhas lengüetas metálicas que producen o son. A entrada de aire prodúcese mediante foles accionados por medio de pedais. Para acadar un son uniforme, o aire dos foles pasa por un fol intermedio denominado “segredo” ou “reservado”, o cal mantén unha presión constante. Sen embargo, o rexistro chamado “expresión” permite a entrada directamente dos foles ás lengüetas, co que o intérprete pode acadar sons máis expresivos.

Conta tamén cun sistema de rexistros accionados mediante tiradores que permiten o paso do aire a uns ou outros xogos de lengüetas. Con este sistema de tiradores consíguense producir sons diferentes en timbre, altura ou matiz, ademáis de poder dividir o teclado en dúas seccións. Algúns armonios, coma neste caso, contan cun rexistro que se acciones cos xeonllos, e que permite o paso do aire por todas as lengüetas. Deste xeito chéganse a simular cómodamente dous, e ata tres, teclados diferentes.

Historia

As orixes do harmonium remóntanse ó século XVIII, cando se coñeceu en Europa o principio musical das lengüetas libres, de longa tradición na China e o SE asiático.

O harmonium foi patentado en 1842 polo francés Alexandre François Debain (1809-1877). Pero foi outro fabricante francés, Víctor Mustel (1815-1890), o que se impuxo como o mellor fabricante de armonios do mundo. A súa pequena produción, e a súa fabricación relativamente excepcional, gañou a admiración dos máis grandes artistas da época.

A popularidade do harmonium acadou o seu punto máximo sobre o 1900, e como instrumentos orquestal foi empregado por compositores como Elgar, Strauss, Schöenberg, Webern, Mahler e Tchaikovsky.

Foi na música de cámara na que o harmonium acadou a súa maior popularidade, sobre todo na brilante combinación de harmonium e piano, que xenerou unha gran cantidade de repertorio.

A fama do harmoniun empezou a decaer na década de 1920 cando os gustos musicais cambiaron, e a aparición do órgano electrónico, na década de 1930, deulle o golpe final. Os armonios foron vendidos ou abandonados, e moitos “modernizáronse” con sopladores eléctricos.

Na actualidade están volvendo á vida para que o público poida volver a escoitar o glorioso son deste instrumento único de expresión.

  • Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios