Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985)
10:28 20/01/11
Feira da Santiña. Nun posto colga un letreiro que di:
Pitoniso Lolo ¿Quere coñecer o seu futuro?
- Bos días ¿É vostede o pitoniso?
- Home, ¿O meu turbante non lle di nada?
- Pois non sei se dixo, con tanto barullo non escoitei.
- Quero dicir se non deduce...
- Si que deduzo, por un piso que merquei en Cee e por un fin de semana en Calcoba.
- Pois eu estiven en Calcoba un mércores ¿non deduce iso?
- Nin idea. Pero pouco vai durarme o choio porque a casiña non tiña licencia e van derrubala.
- ¿E como a comprou sen licencia?
- Non o sabía porque me enganaron... ¡déronma con queixo!
- Normal, se a casa está na Anchoa...
- Pero xa está ben de parolar. ¿Entón vostede sabe o que vai pasar?
- Sei.
- Eu quería que me lera o futuro próximo.
- E que non trouxen as gafas de cerca...
- Pois entón o porvir afastado.
- Pero que non pase dun ano, que teño algo de miopía tamén, e ademais está a bóla moi cotrosa de tanto po que hai na Santiña.
- Ben, pois aí vai a pregunta: ¿Casarei coa miña noiva?
- Vexo aquí...¡que a súa moza está moi mal!
- ¿Ten un cancro? ¿Vai morrer?
- Non, quero dicir que non vale un peso.
- Home, non é miss España
- Vexo que máis ben é miss...erable.
- ¿Que significa iso?
- Quero dicir amarrada.
- Non, home, que a levo solta hai anos.
- Ui, co perigo que teñen...
- Agora que o penso, logo de casarme o que estarei esposado serei eu.
- Pois non se preocupe que vostede non casa.
- ¿Vaime deixar Rosa?
- Vaille deixar negro, do amolado que queda.
- ¿Outro home?
- Na bóla estou vendo unha morea deles.
- Traballa de caixeira nun súper; a ver si está vostede vendo os clientes nas colas.
- Máis ben estou vendo as colas dos clientes: os miro espidos con ela.
- ¡Vaia por Deus, que nefastos agoiros!
- A verdade é que esta bóla, cando está tan escura, malo.
- ¿E non podía mellor lerme as cartas?
- As cartas as leo de luns a mércores; de xoves a sábados utilizo a bóla.
- ¿E o domingo?
- A palma.
- ¿A palma da man?
- Vostede a palma o domingo. Acabo de velo na bóla. Por iso non vai casar, claro.
- ¡Pero se o domingo teño un partido en Muxía e estamos xustos!
- ¡Que lle imos facer!
- ¿E de que morrerei?
- Vexo espiñas na gorxa.
- ¡Que me está a dicir!
- Por si acaso non coma peixe o domingo, nin tampouco vaia á casa da Anchoa.
- Xa me daba a min mala espiña unha bóla tan porcallenta...
- Non as pague coa bóla, que non ten culpa dos seus males futuros.
- Pois o domingo non saio de casa nin probo bocado. E estarei todo o tempo con Rosa por se me ten que auxiliar.
- O destino abate as barreiras, amigo.
- Xa veremos, señor Lolo, xa veremos.
O mozo morreu efectivamente o domingo, esganado pola súa moza despois dunha tremenda rifa polas presuntas infidelidades dela. Cando se enterou o pitoniso Lolo, razonou para si: "Claro, as uñas cravadas na gorxa foron espiñas de Rosa. ¡Non o deixou negro, o deixou morado! Teño que darlle unha man de Cristasol á bóla, porque calquera día causo unha desfeita!"
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).