Mediocres
O denominado “Caso Maceiras”, a presunta fraude na concesión de subvencións para repoboación forestal na Costa da Morte, con centos de afectados en varios concellos e unha lista enorme de desfachateces nos sitúa diante da maior mostra de corrupción nunca vista en Galicia. A posibilidade de que, durante unha década, os numerosos técnicos que deberían ter contrastado, verificado e vixiado que o proceso de concesión das axudas se celebraba de xeito regular é tan inverosímil que, por si mesma, acredita a fraude.
Alguén pode crer que o longo de máis de 10 anos ningún funcionario observou como as firmas se repetían, como os apartados de correos destinados a xestión eran sempre os mesmos, como as contas bancarias albergaban insistentemente os mesmos nomes e como as retiradas de fondos as facía sempre a mesma persoa, xa foran cartos dedicados a empresa ou os titulares das fincas?
É tal o esperpento que dá ata risa. Mortos dun ano firmaban as peticións de subvención seis meses despois do deceso e, ninguén notou nada raro? Xa.
Este é o escenario da derrota. A Galicia do mediocre, do enchufado, de anos, de décadas de “colocar” a persoas incapaces ou directamente corruptas a fronte de departamentos máis que sensibles da cousa publica. Un sistema que premia o inepto e condena o espabilado, considerado coma “listo” no argot da rua, da aldea (e da cidade, si) onde preguntar de máis, saber de máis, entender de máis está sempre mal visto. O propio é a mediocridade como elemento fundamental.
Digo isto no entendido de que para ser preciso, eficaz e traballador non se precisa títulos. Precísase vontade. Entendo que a formación e básica, si, fundamental nalgúns terreos, pero para nada excluinte. Queda esto acreditado na enorme cualificación dos banqueiros, políticos ou profesionais de toda índole implicados nalgúns dos principais casos de corrupción que nos asombran (a algúns) e nos preocupan. Médicos, arquitectos, enxeñeiros… todos eles glosan as listaxes de imputados, detidos e investigados en relación a numerosos procesos, amosando ata que punto un título universitario non o convirte a un digno nin puro. Só acredita que remato unha facultade. Nada máis.
A mediocridade vende na Costa da Morte. Ser mediocre, andar cheo de lixo ou directamente ser un borracho o convirte a un en guay. Ao estilo da “campechanía” da súa maxestade. Un é un chuzas, coma todos, e por iso me sinto identificado. Ninguén se para a pensar se un paisano que se mete tres cubatas antes do mediodía é o máis adecuado para dirixir un concello. Ou para ser tenente de alcalde.
Esa incapacidade conxenita de nosa sociedade para elexir líderes que, aló menos, acrediten certo grao de integridade, de paixon e de vontade real de servizo é a que nos condena e nos atrasa. Neste contexto de crise parece directamente suicida deixar nas mans de según quen as tarefas do mando. Por moito que os da outra banda nos parezan peores.
Asunto a parte é que, si se fixera responsable dos seus actos, por vía penal, a cada un dos ineptos, imbéciles e incapaces que teñen mal xestionado ou directamente roubado no exercicio das suas funcions é máis que probable que a cifra de “secretarios” de asociación tería descendido drásticamente.
Temos o que merecemos, diran algúns. Eu pensó que merecemos máis… pero nos dá medo escoller a un que deixe en evidencia a nosa propia ineptitude. Tranquis… todo o mundo sabe que esta é una terra de paletos. En serio, en que lugar elixen de alcalde a un paisano con seis imputacións?
Bueno si, en Valencia.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Verdades
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.