Mirando o ceo
23:53 01/04/12
É a segunda vez que falamos nesta columna da seca meteorolóxica en apenas seis meses. Dúas veces moi seguidas. Nesta ocasión comprobamos as súas consecuencias; os caudais dos ríos e dos embalses baixo mínimos, a perda de pasto para o gando,… e media Galicia queimándose.
A terra está seca e nos miramos o ceo para ver se así chove dunha vez.
Os expertos advirten que isto é un aviso do cambio climático, xa que se está repetindo con bastante frecuencia; e aínda así, seguimos igual. Iso si, miramos ao ceo para que chova.
Avísannos de que os últimos anos son os máis secos dos ata o de agora rexistrados, e mentres tanto seguimos, malgastando auga no noso día a día. Probamos a pechar por un día as billas? Podemos probar como sería un día sen auga, un día no que non poidamos ducharnos, no que non poidamos cepillar os dentes ou afeitarnos e deixar correr a auga na billa, no que non poidamos poñer a lavadora e o lavalouzas a funcionar, no que non… no que teñamos que desprazarnos ata a fonte máis próxima a recoller con bidóns a auga e controlar o seu uso.
Quizás esta sexa a única forma para comprobar que a auga é un ben que axuda a construír o noso patrimonio; a nosa Galicia dos mil ríos, os nosos parques naturais, os nosos montes,... En definitiva, a auga é un recurso fundamental para o noso desenvolvemento vital. Deberíamos facerlle máis caso á Directiva Marco da Auga e ser nós mesmos quen a protexamos, quen a defendamos e tratala como un ben patrimonial.
Deixemos de mirar tanto para o ceo e miremos para o chan que pisamos. Aforremos auga antes de que sexa demasiado tarde.
Novas relacionadas
- 31-03-12: Noite galega de lumes.
- Un sol que seca.
Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde
- Cheo, ¿por favor?.
- Un chapuzón en Corcubión?.
- A voltas coas prantas de acuiculura.
- O espectáculo do estuario do Anllóns.
- O roteiro do congro.
- A dieta da… carne.
- As cifras do Prestige.
- O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?.
- Como auga de outubro.
- Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
- A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).