Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II)
08:24 23/11/10
2. Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía
Nas sucesivas entregas presentaremos os resultados obtidos a partir do estudio dos libros de difuntos en diversos arquivos parroquiais da comarca de Fisterra coa intención de dar unha idea aproximada do que foron a mobilidade e os movementos migratorios nesta zona, tanto a nivel peninsular como continental para o período 1700-1860. Concretamente, empregamos os de Sta. M• da Xunqueira co seu antigo anexo de S. Estebo de Lires; S. Adrián de Toba e Santiago de Ameixenda (todas no actual concello de Cee). S. Vicente de Duio e o seu anexo de S. Martín; S. Xoán de Sardiñeiro e Sta. Mª das Areas (todas no concello de Fisterra) e S.Marcos de Corcubión. A análise da mobilidade/emigración, a través dos arquivos parroquiais, debe ser tomado como indicativo do fenómeno e nunca como valor absoluto.
Entre as razóns da limitación podemos citar o pequeno do territorio abarcado e que as referencias conservadas son indirectas e discontinuas no tempo, dependendo a calidade da información da "profesionalidade" de cada párroco. Neste senso, debemos facer mención ó problema das omisións, xa que os casos recuperados (enténdase, misas por ausentes) deben ser unha parte mínima do problema porque só nos chegarán novas dos falecidos que conten cun familiar, coñecido ou unha institución que pague as honras fúnebres.
Un problema destas honras é que poden ser máis reflexo dunha mobilidade da poboación cá dunha emigración propiamente dita (caso das mortes accidentais e no "Servicio Real").
Respecto a América, teñen que superar o factor da distancia que dificulta a chegada de novas sobre o pasamento. Como contrapunto, teñen a avantaxe de que non ten cabida a ausencia de carácter accidental,excepto no caso de falecidos en barcos de compañías que comerciaban con América, como veremos noutros artigos.
Como esquema xeral, nun proceso emigratorio cabe distinguir tres tipos de movementos:
- a) temporal (emigración "anduriña"), dirixido, sobre todo a Castela.
- b) temporal (moi difícil de evaluar a través dos arquivos parroquiais), co obxectivo de formar un patrimonio no lugar de destino con vistas a regresar.
- c) definitivo (sexa premeditado ou non), sobre todo a América.
- - na nupcialidade: ó emigrar, básicamente, os homes, os que quedan teñen máis facilidades para casarse, mentras que o celibato femenino aumenta inevitablemente. A outra consecuencia é a maior edade da muller cando se casa, coa conseguinte perda no período de fecundidade.
- - na natalidade: o número de fillos por parella estáncase (a emigración estacional trae como consecuencia uns intervalos interxenésicos máis longos).
- - na mortalidade: a evidencia máis clara apreciase nas relacións de masculinidade. De non haber emigración, as diferencias entre a relación de masculinidade ó nacer e ó morrer non deberían ser moi acusadas.
| Período | Rel. Masc. Nac. Cee | Rel. Masc. Def. Cee | Rel. Masc. Nac. Rural | Rel. Masc. Nac. Rural |
| 1701-1740 | 111.9 | 66 | 115 | 83 |
| 1741-1780 | 106.1 | 60 | 113.9 | 76.8 |
| 1781-1820 | 100.3 | 86.4 | 104.7 | 95.5 |
| 1821-1860 | 113.3 | 82.2 | 114.4 | 93.2 |
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: Movementos migratorios na Costa (1700-1860): 1. Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte).
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.