Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III)
08:20 30/11/10
3. O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca
O s. XVIII, cunha relación de masculinidade nas defuncións de adultos de 66 (ou o que é o mesmo, que de cada 100 mulleres finadas, só aparecen contabilizados nas partidas de defuncións, 66 homes) marca o carácter migratorio dos ceenses. A emigración viviu o seu momento máis intenso entre 1721-80. Na pesquisa das causas desta situación foron de gran axuda as informacións obtidas nos para su Vecindarios de 1711 e 1717 que contan como moitos veciños de Cee pasan parte do ano en Castela e que outros emigraron a Madrid e Portugal despois da crise de 1709-10. O Vecindario de 1711 dínos que "...todos los quales según ban expresados son los vecinos de que se compone dicha villa y sus términos de su jurisdizion esistentes: aunque muchos dellos son mareantes y otros assisten mucha parte del año en los reinos de Castilla a vender punttas y encajes para su sustentto y de sus familias... y aunque en dicha villa y sus arrabales al presente biben y rresiden algunas mas personas, son pobres sin arraigo que la maior parte del tiempo andan obsteaten y al travajo a diversas partes del Reino y fuera de el y no tienen esistencia fixa ni conque sustentar paga ni tributo alguno, vienes ni caudal".
En termos parecidos, o Vecindario de 1717 non pode ser máis explícito: "...que por la esterilidad de frruttos que se esperimentto sean aussentado algunos dellos para la villa de Madrid de que llebaron consigo mugeres y familia y ottros al Reino de Porttogal al ttravajo..."
As décadas centrais do século coinciden cuns momentos de crise no campo que axudan ó mantemento da emigración. Neste sentido podemos apuntar que o libro de fábrica da parroquia de A Xunqueira de Cee mostra que entre 1737-48, os prezos do trigo foron moi elevados (8-10 reais), na liña que xa tiveran durante a grave crise agraria de 1709-10. Na segunda metade do século atopámos os intres de maior forza migratoria. A década posterior á grave crise de 1769 é a máis destacada aínda que en valores parellos xa se situaba a década precedente. Os datos da leva de 1762 (referentes os "reemprazos" de térra) para as xurisdiccións de Corcubión e Fisterra, ofrece uns resultados determinantes no senso de que confirman a existencia dunha fortísima emigración na nosa comarca. O 45.1% dos mozos entre os 16 e os 40 anos están ausentes dos seus fogares no momento de ser chamados a filas (a porcentaxe de ausentes chega ó 53.4% no caso dos mozos entre os 18 e 40 anos). Mención especial merecen os casos dos ausentes nas parroquias de Lires (sobre 23 mozos, hai un total de 18 ausentes) e Pereiriña (sobre 24 mozos, están fóra das súas casas 22).
Os resultados xerais falan por si mesmos, xa que as porcentaxes de ausentes son as máis elevadas de tódalas comarcas galegas estudiadas. Pensemos, ademáis, que nos referimos á leva do exército de terra, polo que hai razóns de abondo para pensar que a fuxida dos matriculados de mar, moi importante na nosa comarca ó contar con tres portos, debeu ser tamén moi elevada, dada a dureza do Servicio Real, especialmente pola súa duración que obrigaba os mariñeiros a estar preparados, prácticamente, ó longo da súa vida para embarcar nos navíos da Súa Maxestade.
Lembramos que mentras as levas para o exército de terra eran para os mozos entre 16 e 40 anos, para os matriculados o remate do Servicio estipulábase ós 60 anos.
No conxunto rural atopamos dúas caras:
- a) as parroquias de Sardiñeiro e Lires, cunhas relacións de masculinidade considerablemente baixas.
- b) as restantes, que presentan unha emigración menos intensa.
- Texto aclaratorio da foto: no século XVIII, os encaixes teñen xogado un importante papel nas economías familiares. No caso de Cee, esto fai que entre produtoras (fundamentalmente mulleres) e comerciantes (homes), sumen un volume de negocio destacado que sitúa a este sector no terceiro, polo volume de ingresos, despois da pesca e do comercio do gran.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860): 1. Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860): 2. Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.