Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV)
13:14 07/12/10
4. A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
O século XIX (ata 1860) presenta un claro descenso da emigración definitiva respecto ó que temos comentado en entregas anteriores. Para o caso de Cee, se prescindimos da década inicial que presenta unha sobremortalidade masculina polos efectos da "francesada", as seguintes cinco décadas presentan unhas relacións de masculinidade estabilizadas en torno a 82 homes finados por cada 100 mulleres. Nembargantes, a situación cambia un pouco ó poder complementar estos datos cos obtidos nos arquivos parroquiais de Corcubión e Fisterra: Hai que ter en conta que os libros de Corcubión e anexo de Redonda comenzan en abril de 1809 debido a queima que sufriu o antigo arquivo nas dúas incursións que fixeron as tropas francesas. Dende estes tristes episodios hai rexistradas 31 partidas de defunción, das que 15 son debidas á guerra. Polo tanto, tivemos que "supoñer" unha relación de masculinidade media para a década inicial do século, a partir dos datos de Cee e Fisterra. O resultado obtido, 88.9, pode parecer elevado vendo a evolución das décadas posteriores, pero hai que pensar que Corcubión, igual que Cee, debe presentar nesta década unha sobremortalidade masculina por causas bélicas.| Período | Cee | Corcubión | Fisterra | Total |
| 1801-10 | 108.9 | 88.9 | 69.0 | 88.9 |
| 1811-20 | 82.7 | 68.0 | 132.4 | 94.3 |
| 1821-30 | 82.0 | 53.0 | 95.3 | 76.7 |
| 1831-40 | 81.2 | 69.1 | 78.5 | 76.2 |
| 1841-50 | 83.7 | 83.0 | 69.2 | 78.6 |
| 1851-60 | 82.1 | 109.6 | 89.8 | 93.8 |
No conxunto das parroquias de carácter rural atopamos novamente comportamentos dispares, sendo destacables os casos de Lires e, sobre todo, Sardiñeiro como as únicas que presentan unhas relacións de masculinidade que permiten falar dunha continuidade da emigración aínda que en valores inferiores ó século XVIII. Frente a elas temos a parroquia de Toba cunha ausencia de emigración xa dende 1760 ou as parroquias de Duio que presentan unha emigración case que inexistente no s. XIX (en todo caso partir de 1830). As parroquias de S. Vicente (na imaxe) e S. Xoán en Vimianzo mostran unha continuidade da emigración dos seus feligreses para a totalidade do período 1800-60, con relacións de masculinidade entre 60 e 75 (salvo na primeira década pola sobremortalidade de carácter bélico). O que unha zona rural moi próxima presente unha importante emigración para o s. XIX, a diferencia do que sucede na área do antigo promontorio nerio, ven a suliñar que no tema da emigración é case imposible extender a zonas limítrofes o comportamento de áreas xa coñecidas.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I) Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.