Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V)
08:21 14/12/10
5. Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
Comprobamos ata o de agora a importancia que tiveron os movementos migratorios en diferentes parroquias dos Concellos de Cee, Corcubión e Fisterra para o período 1700-1860. Profundizaremos agora nos destinos desta emigración gracias a que nas partidas dos difuntos que morren fóra da súa parroquia consta, con maior ou menor precisión, o lugar onde sucedeu o pasamento. Antes de nada interésanos comprobar que porcentaxe supoñen as mencións de actos por ausentes respecto ó total das defuncións de homes:- no século XVIII aparecen 127 actos fúnebres celebrados entre as 1882 defuncións, o que supón unha porcentaxe do 6.6%.
- no século XIX, a porcentaxe chega ata o 12.3%, resultado dos 161 actos e as 1271 defuncións. De engadir os datos de Corcubión e Fisterra, o conxunto presenta 2027 defuncións e 274 actos (13.5%).
No referente ós lugares da emigración, nas parroquias rurais predomina de xeito significativo o destino peninsular, especialmente Castela que supon algo máis dun 35% das mencións. Este tipo de emigración ás segas xa se data no derradeiro tercio do século XVII pero xeralízase no século XVIII, sobre todo a partir de 1730, para desaparecer coa chegada do novo século. A continuación aparecen os falecidos en Servicio Real cun 22% e os que "elexiron" Madrid (case un 20%, sendo éste o destino preferido no século XIX), polo que estos tres destinos ocupan a máis do 75% das encións. A cantidade restante repártese en pequenas porcentaxes que van do 3% ó 5% entre Portugal, Cádiz, América, hospital de Santiago...
Na zona de Vimianzo, o destino maioritario é Madrid (40% dos casos), xa dende 1740, aínda que hai algunhas mencións con anterioridade. Polo contrario, a emigración a Castela é case que inexistente, de igual forma á que ten por destino Portugal ou Andalucía.
O mar modifica os comportamentos da poboación como queda de manifesto cando observamos os datos correspondentes á vila de Cee. Na vila da Xunqueira, Madrid e o Servicio Real seguen sendo destinos de certa importancia (10.5 e 12.0%, respectivamente).
Os falecidos en Cádiz, Portugal, hospital de Santiago... móvense en porcentaxes mínimas (menos do 4%). Neste grupo entra tamén Castela, polo que xa temos unha primeira diferencia coas zonas rurais. A outra novidade é a presencia do mar, causante da maioría do 28.2% de mortes ocorridas en América e do 31.4% que teñen a súa orixe nos naufraxios ou nfermedades ó longo das travesías polas costas españolas, europeas e americanas. Aínda máis, sospeitamos que na meirande parte das mortes acaecidas en América debe estar detrás a matrícula de mar. A intuición despois de ler moitas partidas de difuntos fainos pensar máis en mariñeiros suxeitos a obrigacións militares que en emigrantes por motivos económicos. Así, podemos evaluar a importancia dos falecidos en Servicio Real nunha porcentaxe que iría do 32 ó 40%, moito máis lóxica que ese 12% que mencionábamos con anterioridade (recordemos que nas parroquias rurais os falecidos en Servicio Real superaban o 22% e que nas vilas mariñeiras esta porcentaxe ten que ser necesariamente maior. Neste senso, as cifras de Corcubión e Fisterra para o século XIX, en torno ó 40% ou máis veñen a confirmar as nosas sospeitas). Todo elo implica que máis do 70% dos ceenses que morren fóra da súa parroquia "deben" este feito ó mar (estaríamos máis ante mobilidade da poboación que de emigración propiamente dita). Os lugares mencionados nestos casos son, por orde de impotancia: A Habana (14.1%), América (3.9%), costa de Guinea (3.9%), Indias (2.3%), Caracas (2.3%) e con porcentaxes inferiores ó 1% do total de ausentes, teríamos lugares como Bos Aires, Xamaica, Guarico, Río de Xaneiro, Veracruz ou EEUU. Finalmente, e dentro do ámbito peninsular-europeo habería que salientar ós finados en Levante, Biscaia, Asturias, Vigo e Liverpool.
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.