Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII)
12:16 28/12/10
7. Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular
A presencia de cataláns no litoral de Cee, Corcubión e Fisterra debe datarse tan cedo como noutras rías galegas e xa en 1768 está documentada a entrada no porto de Barcelona dun barco con sardiña e congrio desde Corcubión, aínda que estamos seguros de que en anos anteriores tamén tivo que haber intercambios xa que atopamos apelidos cataláns nos libros parroquiais dende mediados de século.
Se temos en conta as referencias dos naufraxios e as novas que o Diario de Barcelona dá das chegadas á porto, o comercio de sardiña con Levante, Cataluña e Biscaia, viviu o seu momento de maior intensidade dende a década final do século XVIII ata 1804. Así, nos libros de difuntos da parroquia de Santa María da Xunqueira, en novembro de 1797 atopamos mencións de afogados en Baiona (presumible destino a Levante) e en Asturias (hacia Biscaia). En 1802, naufraga un patache en Gandía que saíra de Muros con sardiña, falecendo sete ceenses e dous anos despois morren outros catro camiño de Biscaia.
Por outra banda, na prensa barcelonesa documéntanse nos meses de febreiro-abril de 1794-95 e 1803-04, a chegada de catro barcos de Corcubión con sardiña salgada.
Despois da parálise que trouxo a Guerra de Independencia, reanúdase o comercio dende 1814 coa novidade de que agora os cataláns establécense en Galicia (ata agora desplazábanse por campañas e se obtiñan beneficios, voltaban ó ano seguinte). Así, haberá dúas compañías comerciais asentadas, a de Diego Eiris en Corcubión (1816) e a de Pablo Roura en Fisterra (1818-21). A éstas hai que engadirlle as existentes na próxima ría de Muros.
Ata 1830 dura o momento de apoxeo do salgado da área fisterrán cara Cataluña e Levante. Temos 38 barcos que arriban a Barcelona procedentes de Corcubión (algúns tamén dende o porto de Fisterra), dos que case a metade concéntranse entre 1818-19. No arquivo parroquial de Cee consta no ano 1818 como un barco que viña de Barcelona con viño e augardente foi abordado entre Fisterra o Touriñán. Trátase, evidentemente, dun barco que se dedica ó comercio do salgado (aproveitan o regreso para traer viño e outros productos).
Nos libros de defuncións de Corcubión e Fisterra tamén atopamos datos de interese:
- no 1819 (anos de intenso comercio con Barcelona), morre un mariñeiro na ría de Aviles ''cuando venía de San Sebastián en el patache", síntoma de que o comercio con Biscaia tamén ten certa relevancia. Esta partida de defunción do Arquivo Parroquial de Corcubión é asentada no ano 1831. Esto é unha mostra clara do fácil que resulta que moitos dos casos nunca poidan ser coñecidos, polo que os actos de ausentes sempre pecarán, por defecto.
- nos anos 1836 e 1838 atopamos referencias a mortos en Baiona e Corrubedo "viniendo del vino" (morren tres de Corcubión e outros tantos de Cee). Curiosamente ambos naufraxios teñen lugar no mes de nadal. Sabemos que os galeóns con sardiña hacia Levante podían chegar ó seu destino no mes de novembro nalgúns casos, polo que non sería de extrañar que se tratara de barcos que regresaban de Cataluña.
- no 1842 temos o pasamento en Xerona dun mariñeiro nunha polacra e o naufraxio nas costas portuguesas dun barco que traía sal dende Torrevieja.
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- VI: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
- VII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): 5. Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.