Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII)
10:19 18/01/11
8. O comercio extrapeninsular e consideracións finais
A meirande parte dos actos por ausentes corresponden a naufraxios nas costas españolas, como xa vimos, pero tamén encontramos indicios de personas que morreron lonxe de España e que se puderon valer dos barcos correo ou dos de comercio para emigrar a América ou a Inglaterra. Neste aspecto encontramos falecidos en Cádiz que viñan dende A Habana (1795, 1820), en Xamaica (1797), probablemente nas plantacións de azucre das "Sugar Islands", no Guarico e Veracruz (1802), en Caracas morren en 1814 dous pilotos de comercio froito das revoltas independentistas... Pola mesma razón morre outro en Bos Aires o ano anterior. O comercio co norte de Europa vía Inglaterra atopámolo a mediados do século XIX (lonxe quedan os correos marítimos dende A Coruña a Falmouth que ben puderon ser empregados nalgúns casos para emigrar). Sabemos que ata 1815 existían dende A Coruña uns buques correo que unían Galicia con Falmouth e que lustros despois de rematar esta conexión postal, Inglaterra mantiña en servicio varios buques correo a vapor que saían semanalmente rumbo a Xibraltar, Cádiz, Lisboa, Oporto e Vigo. Nos arquivos parroquiais das vilas de Cee, Corcubión e Fisterra, atopamos mortos en Inglaterra entre 1856 e 1860, feito realmente suliñable e que debe indicar a diversificación do comercio nun momento no que o salgado da sardiña está saíndo duns anos de decadencia (crise das pesquerías nos anos corenta). Asi, en 1856 sabemos que saíu de Fisterra un barco en lastre para Liverpool; en 1859 morre un mariñeiro de Corcubión no porto de Londres e en 1860 morre un ceense no hospital de Liverpool. Tamén temos unha mención en Fisterra dun barco que ven con bacallau da Canle da Mancha no 1860, como xa temos comentado na anterior entrega. Para rematar con este apartado queremos deixar constancia do mercado de escravos (mariñeiros ceenses nos barcos da trata).
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. A introducción de negros, como man de obra escrava, nas colonias españolas de América data xa do século XVI. Nos séculos XVI e XVII o sistema existente de licencias cambiouse polo de asentos a compañías privilexiadas extranxeiras (Portugal, Holanda, Francia e Gran Bretaña) e españolas, para rematar, na mesma liña do restante comercio colonial, coa solución do libre comercio a finais do século XVIII. A guerra de independencia americana modificou o comercio exterior de EEUU que, en lugar de importar coloniais das Antillas inglesas (Sugar Islands) e francesas (Martinica e Guadalupe) e exportarlle-las súas manufacturas, víronse na obriga de face-lo ás colonias españolas do Caribe, sobre todo a Cuba. A necesidade de abastecer un novo mercado fixo que o papel económico das Antillas españolas se revalorizase, vendo na importación libre de man de obra escrava unha solución ó problema de como aumentar a producción sen industrialización.
A trata organizada dende Galicia foi unha alternativa á crise que atravesaba o tráfico comercial colonial despois do establecemento do comercio directo dos europeos con América dende 1797. Dez anos despois coa abolición da trata en Gran Bretaña e co enfrentamento anglo-americano (1812-14), a situación é boa para os negreiros españois. Entre 1816 e 1820 podemos falar dos anos máis intensos deste tipo de comercio. O Tratado de 1817 con Gran Bretaña obrigaba a España a prohibir este tráfico, concedendo unha moratoria de tres anos para que os barcos reconvertirán a súa actividade. Estos tres anos de moratoria foron os dun comercio máis forte. As inversións que esixía este tipo de comercio eran semellantes ós das expedicións comerciáis a América pero coa diferencia de que aportaba mellores beneficios Precisamente, nestes anos atopamos mencións, nos libros de difuntos do arquivo parroquial de Cee, que fan referencia a mortos no "comercio de negros en la costa de Guinea por enfermedad natural y fiebre". O número de casos é probablemente superior ó que nos constatamos porque tamén hai algunhas referencias a falecidos en A Habana, que era o punto final deste comercio. Despois de 1820 a trata seguiu existindo, aínda que de forma ilegal, con bastante forza ata mediado o século.
A modo de conclusións queremos lembrar os aspectos máis suliñables que se tocaron nas diferentes entregas xa publicadas:
- existe unha corrente migratoria bastante forte na área dos actuais concellos de Cee, Corcubión e Fisterra dende, polo menos, o derradeiro tercio do s. XVII ata aproximadamente 1780, con variacións na súa intensidade, como pudemos ver. Esto é o que se desprende do estudio das relacións de masculinidade nas defuncións de homes. No s. XIX a emigración perde intensidade e no conxunto rural tende a desaparecer para recuperar o protagonismo dende 1830 aproximadamente (pero non dunha forma continuada).
- as vilas mariñeiras presentan unha emigración máis intensa que as feligresías rurais polas facilidades que o mar abre os seus habitantes. Ademáis da emigración que coñecemos polas relacións de masculinidade, para estes núcleos tamén temos coñecemento da mobilidade dos seus membros, que como vimos era bastante importante e variada en canto os seus destinos.
- polo que se refire a estos últimos, pódese dicir que no campo a emigración é básicamente peninsular (Castela e Madrid). Tamén se observa que ata 1800 o lugar elexido é, sobre todo, Castela e que dende inicios do século XIX pasa a ser sustituido por Madrid (que xa tiña mencións con anterioridade pero moito máis escasas). Falar de destinos na emigración das vilas mariñeiras ten moitos máis riscos porque a meirande parte dos actos por ausentes fan referencia á mobilidade (de tipo militar ou comercial, que como xa explicamos era moi variada). Aínda así, debe aproximarse á realidade o feito de que a emigración a Castela é moito menos importante que nas áreas rurais. A capital do reino ten máis importancia que a emigración ás segas e segue sendo un destino importante no s. XIX.
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- VI: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
- VII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): 5. Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- VIII: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.