luns. 15.12.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla

11 do Malpica en Fontenla
11 do Malpica que saltou Fontenla
2ª FUTGAL: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla

A vitoria do Malpica en Fontenla foi a nota máis destacada desta 12ª xornada da Liga da Costa, na que o San Lorenzo tivo que remontar ante o Cabana para manter o liderato. 2 puntos teñen os de Verdillo sobre os malpicáns, e 3 sobre un Baio que non pasou do empate en San Andrés ante o Ponteceso. Tampouco o Outes pasou do empate ante un Soneira que vén de menos a máis.

Por abaixo a cousa segue moi apretada, con 8 equipos en apenas 6 puntos.

Sofán B - Corcubión (1-5)

  • Sofán B: Eloy, Samu, Marcial, Diego, Iván, Asier, Nachete, Mateo, Borja Viaño, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Darío, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Christian, David de Jesús.
  • Corcubion: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Castreje, Rama, Luís Lojo, Antón, Samu Trillo, Jose, Iago Lema. Tamén: César Lojo, Fernando, Martín, Brais Lado, Jon.
  • Gol: 1-0, m.13: Diego nun córner; 1-1, m.52: César Lojo; 1-2, m.64: César Lojo a pase de Iago tras regatear a 2 defensas e ao porteiro; 1-3, m.66: César Lojo tras unha combinación con Luís e Iago; 1-4, m.74: Luís Lojo fai outro golazo a centro de Jon; 1-5, m.76: Jon fai outro golazo.

Non se explica Zalo como acaba 1-5 un partido que o seu equipo dominou, con balón, durante toda a primeira metade, na que ademais do gol de Diego, tiveron algunhas ocasións de Nachete, Marcial, Borja, Isma, Adrián Vázquez… pero non foi quen de ampliar a vantaxe. No outro lado, o Corcubión estaba bastante serio atrás.

Pero todo cambiou aos 10 minutos da segunda. César Lojo, que acaaa de saltar ao campo pois chegaba directo dunhas vacacións isleñas, remata só unha falta dentro da área, que supuxo un varapao tremendo no cadro local. Cambiou o conto, e ao baixón carballés uniuse o vendaval dos de Ángel e Isidro, que fixeron os mellores 45 minutos do curso. Aínda co 2-1, teñen os carballeses un man a man que salvou Bruno, pero na seguinte, César facía o seu terceiro gol e mataba o partido, permitindo que Luís e Jon sentenciasen.

Corme - Monte Louro (1-2)

  • Corme: Quique, Hugo Paredes, Rubén, Eloy Villar, Álvaro Sanz, Iván, SamuCosta, Borja Torrado, Teo, Lucas e Isra. Tamén: Adrián Suárez, Yago, Brais Pailos, Senén e Xoel.
  • Monte Louro: Pedro, Álvaro, Miguel Verán, Rodri, David Pais, Adrián, Abel, Íker, Javi e Falvio. Tamén: Xaco, Martín, Rapante, Manu de Yi e Manol Chouza.
  • Goles: 0-1, m.21: Adrián tras un rexeite; 0-2, m.35: Javi tras unha fermosa xogada colectiva; 1-2, m.48: Borja Torrado.

Igualado partido no Cairo, que comezaba co Corme levando o peso, pero co cadro de Bibi máis intenso, gañando as segundas xogadas, e buscando balóns directos e transicións rápidas. Protestaron os locais un gol anulado a Lucas cando sacaba rápido unha falta dende o seu campo sorprendendo ao porteiro visitante. O Louro seguía facendo dano ás costas de defensa, e en dúas accións se colocaba 0-2.

Deron un paso adiante os de Ángel na segunda, e moi pronto conseguen recurtar. Aí soubo replegar o cadro loureán, e aguantar sen fisuras, impedindo crear grandes ocasións. Si que pediron os locais un posible penalti por unha saída de puños do meta visitante, que pode impactar na cara de Álvaro, e outro penalti por mans, pero o colexiado non viu punible ninguna das accións.

San Lorenzo - Cabana (2-1)

  • San Lorenzo: Mario, Dani Cotelo, Alberto Campos, Pablo Garrido, Pape, Alex Iglesias, Alex Vázquez, Alex Taibo, Diego, Iago e Hugo Pereiro. Tamén: Javi Souro, Lozano, Corral, Javi Pérez e Manu.
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé, Ferreiro, Fernando, Simón, Julián, Migueliño, Brais e Xabi Parga. Tamén: Diego, David Rey, Mateo, Diego Castro e Marco Reigía.
  • Goles: 0-1, m.44: Simón de falta; 1-1, m.52: Iago; 2-1, m.90: Javi Pérez nunha xogada a balón parado.

Tivo que remontar, e sobre a bocina, o líder, para superar a un moi bo Cabana que vén de menos a máis. Foi un choque moi igualado, que comezaba cunha primeira moi parella, con varias chegadas a balón parado dos de Iván Rojo, e unha xogada de Migueliño que parou Mario, antes de que Simón abrise o marcador de falta.

Na segunda metade, o SanLo saíu decidido a darlle a volta ao encontro e no minuto 52 chegou o empate, Iago anotou de cabeza para os locais. Reaccionou o cadro de Mingui que tivo bos minutos, cunha ocasión de Castro, un posible penalti sobre Migueliño, e varias internadas de Simón. O partido estaba tenso, con moitas interrupcións, e os locais seguían avisando a balón parado, ata que xa sobre os 90 regulamentarios, Javi marcou, noutra xogada a balón parado, o tanto que desatou a ledicia e confirmou unha gran remontada.

Mazaricos - Porteño (0-5)

11 do Mazaricos-Foto-Parker
11 do Mazaricos-Foto-Parker
  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja Sueiro, Samuel, Chumiko, Marcos, Steve, Sergio, Álvaro, Raúl e Molinos. Tamén: David, Samu Lema, Yeray, e Yago Dosil.
11 do Porteno en Mazaricos-Foto-Parker
11 do Porteño na Peña de Ouro-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Darío, Baba, Gabri, Sandelo, Bruno e Carrabete. Tamén: Joel, Pejo, Alan, Yuyo e Martín.
  • Goles: 0-1, m.35: Baba tras unha xogada con Gabri e Brais; 0-2, m.40: Gabri tras un rexeite de París a remate de Bruno; 0-3, m.52: Carrabete; 0-4, m.83: Yuyo; 0-5, m.89: Yuyo.
Borja Sueiro e Mariolo con Ivan Senaris no Mazaricos-Porteno-Foto-Parker
Borja Sueiro e Mariolo con Iván Señarís no Mazaricos-Portñno-Foto-Parker

Non empezou mal o equipo de Raúl Periscal, e de feito tiveron algunha ocasión ao comezo do choque, pero os erros defensivos seguen condenando aos amarelos. Dous consecutivos a 10 do final da primeira, que aproveitaban moi ben os visitantes, deixou o camiño aberto para que os de Mayor abrisen o camiño da goleada. Antes do descanso os locais protestaban unha posible expulsión de Mariolo, que o colexiado deixou en amarela.

Na segunda, comezaron apretando os locais pero o terceiro, obra de Carrabete, mataban o partido.

Muros - Zas (1-1)

11 do CD Muros copia
11 do CD Muros: Foto: CD
  • Muros: Aitor, Fran, Je, Ra, Benji, Tajes, Alon, Jesús, Xaco, Dani Jurjo, Juan oBello. Tamé: David Lestón, Marcos, Alex e Ángel.
11 do Sporting Zas
11 do Sporting Zas. Foto: Sp.
  • Zas: Guille, Adri Rama, Fran, Juan Touriñán, Anxo, Joel, Álvaro, Redondo, Ronny, Estefan e Salah. Tamén: Pereiras, Moha, Mauro, Martín e Iago.
  • Goles: 1-0, m.23: Ra de volea espectacular preto da medular e vendo adiantado ao porteiro visitante; 2-0, m.79: Dani Jurjo; 2-1m.92: Redondo.
CD Muros-Sporting Zas-Foto-Sp
CD Muros-Sporting Zas-Foto-Sp

Partido de necesitados o que se viviu en Muros, con dous equipos inmersos na loita por escapar da zona baixa da clasificación e con dinámicas de resultados moi semellantes. O encontro comezou cun Sporting Zas algo máis entoado, xerando o primeiro achegamento á portería local, aínda que sen a chispa nin a claridade necesarias para transformar as ocasións dentro da área. Custoulle ao Muros meterse no partido pois non daban axustado a presión, pero tampouco sufrían atrás.

Co paso dos minutos, os de Joaquín Quintáns foi atopando nas transicións a súa principal arma ofensiva. Así chegou o primeiro tanto do partido: un auténtico golazo desde uns 40 metros, cun disparo lonxano que sorprendeu á defensa e abriu o marcador. O gol deu ás ao conxunto local, que a partir dese momento dispuxo de novas chegadas con perigo, aínda que sen acerto no remate, chegando ao descanso co 1-0 no electrónico.

CD Muros-Sporting Zas-Foto-Sp 2
CD Muros-Sporting Zas-Foto-Sp

A segunda metade mantivo o mesmo guión. O cadro de Rubén Forján e Alfredo Pereiro intentaba atopar espazos na defensa do Muros, apretando algo máis arriba, mentres os locais continuaban apostando polas transicións rápidas. Dani Jurjo dispuxo de varias ocasións claras e, xa no minuto 80, culminou unha delas para facer o 2-0, un gol que parecía sentenciar o encontro.

Lonxe de renderse, o Sporting Zas adiantou liñas e meteu máis presión nos minutos finais. Xa no tempo engadido, o equipo visitante recortou distancias co 2-1, un tanto que lle devolveu emoción ao partido pero que non chegou para evitar a derrota do Zas.

Soneira - Outes (2-2)

11 do Soneira copia
11 do Soneira. Foto: SD
  • Soneira: Pity, Maikol, Jose, Brais Pereira, Adrián Canosa, Oreiro, Cachi, Pichi, Vía, Richi e David LP. Tamén: Dono, Mario Leis, Carlos, Sergio e Jesús.
  • Outes: Dani, Claudino, Stefan, Hugo Caamaño, Adrián, Eloy, Alberto Bahamonde, Kevin, Keko e Manel. Tamén: Adrián Rey, Paullo, Marcos Orodea, Brais Lado e Sanchiño.
  • Goles: 1-0, m.46: Pichi nada máis sacar de centro; 1-1, m.57: Adrián de penalti; 1-2, m.85: Keko tras unha boa xogada individual; 2-2, m.87: Sergio aproveita un balón ás costas da defensa.

Igualado partido o vivido no Irmandiño, que dá boa conta da melloría do Soneira, que xa compite tamén contra os de arriba. Comezou ben o Outes, combinando e tendo 2-3 ocasións, pero o seu dominio foise diluindo co paso dos minutos, para deixar un treito final da primeira metade moi parello, con ambos equipos asegurando en bloque medio, con moito respecto mutuo e sen asumir riscos innecesarios.

Tralo paso polos vestiarios, nada máis saír, o cadro de Josiño Abelenda sorprende cunha a acción de centro ben executada que permite a Pichi prantarse diante de Dani e abrir o marcador.

A partir dese momento, o partido estaba igualado, pero os visitantes empataban dende os 11 metros. O partido ía abríndose e nunha contra Keko mete aos de Geno por diante tras unha boa xogada individual tras aproveitar un erro dos locais. Lonxe de virse abaixo, o equipo soneirán mostrou unha gran fortaleza mental. Estirouse correndo riscos e buscou a meta rival ata atopar o 2-2 nun balón ás costas da liña que finaliza Sergio. Aínda tivo algunha máis o Soneira incluído unha man a man de Richi co porteiro nos instantes finais, ademais doutras dúas moi claras.

Baio - Ponteceso (1-1)

11 do CD Baio copia
11 do CD Baio. Foto: CD
  • Goles: 1-0, m.: Pazos tras un rexeite; 1-1, m.30: Dani Rod. de fermoso gol.

Enfrontábanse no municipal de Zas (o Baio espera que este sexa o último e poder volver ao Platas Reinoso a comezo de ano) de ndous equipos da zona noble da liga máis disputada dos últimos anos. Comezaba o partido con gran ímpetu nos dous equipos, estando o Baio máis ordenado e intenso que o Ponteceso. Na primeira ocasión de peligro, un centro despexado tras unha gran parada de Darío fixo que o rebote quedase en Pazos, o mediocentro pichichi do cadro baiés, quen empuxou a placer para adiantar aos locais.

Achicaba o Ponteceso e o Baio foi perdendo a súa identidade, pero seguía compacto e sen deixar o menor resquicio na defensa, non obstante, a mediados da primeira un saque rápido nunha falta propiciou o empate do Ponteceso nun extraordinario gol de Dani Rodríguez, quen enmarcou o balón na escadra alonxada de Rodrigo Toja, todo parello ata a volta dos vestuarios, na que o Ponteceso comezou a mandar pero sen excesiva clarividencia, pola contra, o Baio xogaba dura e as veces incluso desproporcionado: nunha falta que cortou unha contra Pazos viu a segunda amarilla deixando ao Baio con 10, ante as protestas do equipo local.

Parecía o momento do Ponteceso, pero o Baio encerrouse con gran destreza achicando un ataque máis ben feble do Ponteceso. Non houbo moitas máis ocasións que unha falta tirada por Cheti que obligou a esforzarse a Darío. Pouco máis desdeñable nun empate que non lle sirve a ningún, pero que foi xusto segundo o visto no terreo de xogo.

Xallas - Malpica (0-2)

  • Xallas: Iván Couto, Elvis, Garci, Makareno, Peke, Dani Barbeira, Alberto Jallas, Doro, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Martín, Bryan, Julián, Pablo Landeira e Adrián Couto.
  • Malpica:
  • Goles: Abdou, Saúl, Anxo, Damián, Cristian Villar, Cristian Fdez. Garci, Camilo, Aday, Saydou, Chicha. Tamén: Fran, Joel, Mario Pose, Alberto Hombre, Brais Calvo.
  • Goles: 0-1, m.32: Saydou; 0-2, m.42: Cristian Fdez.

Partidazo de altos voos entre dous dos equipos do trío de cabeza. Comezaron os de Doriño ben, tendo o balón e dominando, presionando ben, pero as ocasións non eran claras. Rubén Blanco tivo un par de internadas pero sen picardía.

Á media hora, unha boa xogada dos de David Baña, en tres toques deixan a Saydou diante de Iván Couto para abrir o marcador. Fixo dano o gol no cadro local, e o Malpica acabou moi ben ese primeiro tempo, presionando arriba e aproveitando un erro na saída de balón que aproveita Cristian para facer o segundo e abrir fenda ao descanso.

Saydou protagonista do partido decidando o gol a un amigo
Saydou, protagonista do partido, dedicoulle o gol a un amigo

Intentouno na segunda o cadro local, máis incisivos, combinando ben, pero sen crear unha sensación de perigo para darlle a volta ao marcador.

SCD Malpica celebrando a vitoria en Fontela
SCD Malpica celebrando a vitoria en Fontela

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información

Comentarios