Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I)
10:03 16/11/10
1. Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos
É esta a primeira dunha serie de entregas nas que se fará un repaso polo fenómeno migratorio/movemento poboacional para o século XVIII e boa parte do XIX, nas terras fisterrás, antes do inicio do fenómeno migratorio contemporáneo, de tanta trascendencia en Galicia, en xeral, e na nosa zona en particular. A modo de introdución empezaremos por ver os tipos de movementos, fontes para o seu estudio e causas que axudan a comprender mellor a importancia que este fenómeno, tan complexo, acadou nos nosos territorios. A estabilidade da poboación no Antigo Réxime non é precisamente o que caracteriza á poboación galega, sendo variadas as causas e tipos de movementos da mesma:- a) Movementos naturais: pola falta de declaracións regularizadas nas defuncións sobre a orixe dos mortos, a fonte a empregar serán os rexistros matrimoniais. O problema está en que éstos recollen os casamentos celebrados na parroquia da noiva polo que esta mobilidade afectará só ós homes (inmigración de mozos doutras parroquias que se casan noutra, por exemplo na de Cee, pero non sabemos nada dos homes da parroquia de Cee que van casarse fóra dela).
- b) Movementos migratorios: o seu volume é moi difícil de recoñecer pola inexistencia de organismos oficiais que regularan e deixaran constancia do fenómeno.
(Na foto, o mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela que acolle na actualidade boa parte dos arquivos parroquiais do noso arcebispado).
Diferentes historiadores opinan que a presencia destes actos fúnebres conforma unha realidade moi desigual e que, xeralmente, pecan por defecto mentras que as relacións de masculinidade poden ser empregadas para medir o peso da emigración definitiva e a evolución en cada momento do ritmo emigratorio.
As causas fundamentais da emigración gardan relación cunha mala organización económica, que no mundo rural caracterizase por unha producción agrícola basada no minifundismo das explotacións, cultivos de subsistencia, baixos rendementos, a merma dos excedentes a través de cargas impositivas forzosas... Entre estas últimas e a modo de exemplo citamos o caso ceense no que a mediados do século XVIII se pagaba ó arcediago de Trastamara, señor xurisdicional da vila de Cee, "el diezmo sobre trigo, centeno, mijo, lino, corderos, lana, sardinas, sardas...” .Tamén había que pagar a primicia nas aldeas de O Son e Xallas (25 ferrados de millo miúdo); a oblata ó cura párroco (unha pequena cantidade en metálico no caso dos que non tiñan terras mentras que os labradores pagaban en especie, entre un cuarto e medio ferrado de millo según os casos). Por último, tamén se pagaba o Voto ó Apóstolo, con medio ferrado de centeo.
Outros factores importantes de emigración serían as levas militares e o sistema hereditario, tendente a beneficiar a un fillo polo que, ante unha situación de crise, os demáis teñen que probar sorte lonxe da súa terra. O sistema de herencia non é en si mesmo causante de emigración pero axuda á expulsión dos fillos menores cando non hai dentro do fogar recursos paralelos que, xunto coa lexítima, permitan construir unha nova familia.
Polo tanto, detrás da emigración hai unha realidade que ten as súas raíces no desigual reparto da terra: a falta de terras propias e a fragmentación do terreo víronse favorecidas por circunstancias históricas e políticas que trouxeron a Galicia unha estructura agraria onde os "señores" laicos e eclesiásticos acapararon para sí a meirande parte das propiedades. O campesiñado non pode sobrevivir pola escasez de terra (as cultivadas equivalen a un sexto do total) e a pouca que pode traballar está sometida a unha serie de cargas que manteñen ó campesiño no límite da subsistencia. Por esto non debe extrañar a ninguén o feito de que nas áreas rurais a intensidade da corrente emigratoria supere, en ocasións, á das zonas litorais dado o relativo mellor nivel de vida que os recursos do tráfico marítimo e as pesquerías podían proporcionar. Coa nova realidade que supón para o sector pesqueiro galego a imposición da matrícula de mar e a chegada dos cataláns ás nosas costas, vai ter lugar unha subida importante da emigración dos homes nas vilas mariñeiras que intentan fuxir das obrigacións militares.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa da época moderna
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte).
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.